Sendegal

Tempo estimado de lectura: 2 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

Que é SENDEGAL?

É unha aplicación, realizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, que permite coñecer os roteiros oficialmente homologados de Galicia para o sendeirismo, integrando a descrición de cada unha delas coa súa visualización, perfil topográfico, grao de dificultade... así como as valoracións e comentarios útiles doutras persoas que xa a percorreron antes. A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, de maneira que o usuario opta polo idioma que prefira desde a primeira pantalla de presentación.

Onde está dispoñible?

De forma gratuita para as plataformas móbiles Android e iOs.

Están dispoñibles ademais os perfís propios da aplicación nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo (Every TrailWikiloc ikiMap), nas que se pode consultar ou descargar directamente ao dispositivo móbil, os roteiros homologados en Galicia

Que ofrece?

Para cada unha das sendas, a aplicación dispón dos planos de cada roteiro, que poden descargarse e/o gravarse previamente na memoria do teléfono, co que durante o roteiro pódese empregar o dispositivo con modo en liña ou non. En ambos os casos, o GPS indica a posición para poder seguir o camiño sen dificultade.

Sendegal incorpora tamén un modo de procuras por listaxe ou mapa, que proporciona información sobre:

  • A lonxitude do roteiro
  • O tempo estimado do percorrido
  • O grao de dificultade
  • O perfil topográfico
  • Imaxes e outros datos de interese
  • Valoracións ou comentarios de utilidade para outros/as sendeiristas

Para máis información: Sendas para descubrir un país - GALICIA (turismo.gal)

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020