Tempo estimado de lectura: 2 min 30 seg
Autor:
Xanela Aberta á Familia
Que é SENDEGAL?
É unha aplicación, realizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, que permite coñecer os roteiros oficialmente homologados de Galicia para o sendeirismo, integrando a descrición de cada unha delas coa súa visualización, perfil topográfico, grao de dificultade... así como as valoracións e comentarios útiles doutras persoas que xa a percorreron antes. A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, de maneira que o usuario opta polo idioma que prefira desde a primeira pantalla de presentación.
Onde está dispoñible?
De forma gratuita para as plataformas móbiles Android e iOs.
Están dispoñibles ademais os perfís propios da aplicación nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo (Every Trail, Wikiloc e ikiMap), nas que se pode consultar ou descargar directamente ao dispositivo móbil, os roteiros homologados en Galicia
Que ofrece?
Para cada unha das sendas, a aplicación dispón dos planos de cada roteiro, que poden descargarse e/o gravarse previamente na memoria do teléfono, co que durante o roteiro pódese empregar o dispositivo con modo en liña ou non. En ambos os casos, o GPS indica a posición para poder seguir o camiño sen dificultade.
Sendegal incorpora tamén un modo de procuras por listaxe ou mapa, que proporciona información sobre:
- A lonxitude do roteiro
- O tempo estimado do percorrido
- O grao de dificultade
- O perfil topográfico
- Imaxes e outros datos de interese
- Valoracións ou comentarios de utilidade para outros/as sendeiristas
Para máis información: Sendas para descubrir un país - GALICIA (turismo.gal)