Acto de Información Pública polo 62º aniversario de Al-Anon/Alateen en España (AFALGA en Galicia)

Tempo estimado de lectura: 2 min
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

Co motivo da conmemoración do 62° aniversario en España da Asociación Al-Anon/Alateen (AFALGA en Galicia), o vindeiro 8 de outubro ás 17:00 horas terá lugar un acto de Información Pública no Salón de Actos da Consellería de Sanidade (Rúa de Ceuta s/n, Santiago de Compostela).

Este encontro é unha ocasión para dar visibilidade ao labor que desenvolve Al-Anon/Alateen, unha rede de apoio esencial para familiares e achegados de persoas con problemas de alcoholismo.

 

Programa de intervencións:

  • Tres membros de Al-Anon/Alateen compartirán as súas experiencias.
  • Un membro de Alcohólicos Anónimos achegará a súa visión persoal.
  • María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, participará co seu testemuño institucional.

A xornada quere transmitir unha mensaxe clara: ninguén ten que enfrontar só as consecuencias do alcoholismo, existen espazos de apoio e esperanza.

Máis información dispoñible na web estatal: al-anonespana.org

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020