Co motivo da conmemoración do 62° aniversario en España da Asociación Al-Anon/Alateen (AFALGA en Galicia), o vindeiro 8 de outubro ás 17:00 horas terá lugar un acto de Información Pública no Salón de Actos da Consellería de Sanidade (Rúa de Ceuta s/n, Santiago de Compostela).
Este encontro é unha ocasión para dar visibilidade ao labor que desenvolve Al-Anon/Alateen, unha rede de apoio esencial para familiares e achegados de persoas con problemas de alcoholismo.
Programa de intervencións:
- Tres membros de Al-Anon/Alateen compartirán as súas experiencias.
- Un membro de Alcohólicos Anónimos achegará a súa visión persoal.
- María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, participará co seu testemuño institucional.
A xornada quere transmitir unha mensaxe clara: ninguén ten que enfrontar só as consecuencias do alcoholismo, existen espazos de apoio e esperanza.
Máis información dispoñible na web estatal: al-anonespana.org