Recomendacións xerais de alimentación saudable (adultos de 18 a 64 anos)

Tempo estimado de lectura: 3 min 40 sg

 

O estilo de vida, é decir, o conxunto de costumes ou comportamentos habituais que determinan a forma na que vivimos, é un dos factores que máis inflúen na saúde.

 

1864ALIMENTACIÓN.png
 

 

Non debes esquecer que, unha forma de vivir saudablemente engloba todos os seguintes ámbitos:

  • Alimentación equilibrada.
  • Actividade física regular.
  • Manter o peso dentro de límites normais.
  • Evitar o consumo de alcohol, tabaco e outras drogas.
  • Durmir o tempo suficiente. Reducir o estrés.
  • Buscar a atención dos profesionais sanitarios e seguir os seus consellos.
  • Se é o teu caso, tomar axeitadamente a medicación prescrita.
  • Realizar as actividades preventivas recomendadas para cada grupo de idade, como a vacinación antigripal ou as revisións xinecolóxicas.
  • Manter normas de hixiene para previr enfermidades (aseo persoal diario, lavar con frecuencia as mans, poñer a man diante ao tusir, etc).

 

embarazadapraia.png
 
Co obxecto de mellorar a función cardiovascular, promover o benestar dixestivo, contribuir á conservación da masa ósea e favorecer ao mantemento do peso dentro dos límites normais, as recomendacións xerais son:
  • Toma polo menos tres froitas ao día, unha delas rica en vitamina C (laranxa, limón, mandarina, kiwi, etc). Consume, ademais, dúas racións de verduras ao día, preferiblemente en cru e mesturando vexetais de moitas cores, e unha ou dúas racións de legumes á semana.
  • Acompaña as túas comidas de pan, arroz, e pasta de variedade integral. Combina legumes e cereais no mesmo prato, posto que, o valor nutritivo é moito maior.
  • Consume entre tres e catro racións de peixe á semana, polo menos dúas delas azul (xarda, xurelo, sardiña, atún, salmón, etc) e prepárao preferiblemente á prancha, ao forno, en papillote ou ao vapor.
  • Usa aceite de oliva para cociñar e aliñar.
  • Bebe de dous a tres litros de auga ao día para manter niveis axeitados de hidratación.
  • Diminúe o consumo de sal, así como, o consumo de azucres provintes de bebidas refrescantes, lambetadas e pasteis.
 
Ademais, se es muller lembra que:
  • O calcio, a vitamina D e os paseos o aire libre son indispensables para manter os ósos sans. Recorda que o pico de masa ósea alcánzase preto dos 20 anos, polo que é fundamental asegurar unha inxesta axeitada antes desta idade para previr nun futuro a osteoporose.
  • Os alimentos ricos en calcio son todos os derivados lácteos, as améndoas, o brócoli e as espinacas.Ao longo da etapa fértil, pode haber estados de deficiencia de ferro.
  • Toma carne, peixe e moluscos, alimentos ricos neste nutriente.
  • Ten en conta que a vitamina C aumenta a absorción de ferro se se toma na mesma comida, polo que, toma laranxas de postre ou engade limón aos mexillóns, por exemplo.

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020