Tempo estimado de lectura: 4 min
Que é o solo pelviano?
É o conxunto de músculos e ligamentos que se atopan na base da pelve, suxeitando a vexiga, útero e recto.
Cales son os síntomas dunha disfunción pelviana?
• Algúns dos síntomas que podes experimentar se o teu solo pelviano non funciona ben son:
• Dor pelviana.
• Sensación de peso.
• Disfuncións sexuais femininas. Incontinencia de ouriños ou de feces.
• Prolapsos: un prolapso de solo pelviano implica o descenso ou saída ao exterior de órganos internos como a vexiga (cistocele), ou recto (rectocele) ou o útero (prolapso uterino).
Que factores danan o solo pelviano?
Os deportes de impacto (saltar, correr), o estrinximento crónico, a obesidade, a menopausa e o embarazo e parto son factores de risco para padecer unha disfunción do solo pelviano.
Que se pode facer para previr disfuncións do solo pelviano durante o embarazo?
Manter un estilo de vida saudable, incluíndo:
Alimentación saudable, que evite o estrinximento crónico e a obesidade.
• Hixiene postural.
• Evitar pasar períodos longos de tempo sen ouriñar ou facelo demasiado rápido.
• Evitar o tabaco.
• Evitar exercicios de impacto.
Realizar exercicios específicos: Kegel
Existe a posibilidade de exercitar os músculos do solo pelviano, da mesma maneira que outros grupos musculares.
Fortalecer os músculos do solo pelviano axuda a previr a incontinencia urinaria de esforzo, un problema bastante frecuente nas mulleres nalgúns momentos da súa vida.
Ademais de previr disfuncións, hai evidencia que suxire que ter os músculos do solo pelviano fortes pode axudar a acurtar a etapa de puxos durante o parto e, o mellorar a circulación da área rectal e vaxinal, axuda a manter as hemorroides baixo control e acelera a cicatrización de esgazaduras/episiotomía.
Os exercicios de Kegel consiste en realizar contraccións voluntarias e sostidas dos músculos do solo pelviano. Deben realizarse nunha postura ergonómica por exemplo sentada, coas pernas separadas e lixeiramente separadas. Recoméndase incorporar a realización de Kegel cando non se poida evitar o impacto sobre o solo pelviano (por exemplo ao tusir, escorrer a fregona…)
Masaxe perineal
• Demostrou ser útil para DIMINUÍR A PROBABILIDADE DE ESGAZADURAS. NON DIMINÚE A PROBABILIDADE DE EPISIOTOMÍA (esta segundo a última evidencia, realízase soamente se o bebé necesita saír de maneira inmediata, xa que pode acurtar uns minutos a saída). Tamén se asociou con menos dor posparto.
• Coa realización de masaxe perineal o perineo abrándase e flexibilízase.
• Prodúcese “familiarización” co estiramento.
• Recoméndase a súa realización a partir da semana 32, polo menos 2 veces á semana. Para conseguir mellores resultados é importante a constancia, polo que se pode realizar a diario.
• NON realizar se hai lesións na vulva (varices), cesárea programada, ameaza de parto prematuro…
Que se pode facer para previr disfuncións do solo pelviano durante o posparto?
Do mesmo xeito que no embarazo e todas as etapas da vida, manter un estilo de vida saudable, incluíndo:
• Alimentación saudable, que evite o estrinximento crónico e a obesidade.
• Hixiene postural. Nesta etapa prestar atención a como se colle o bebé.
• Evitar o tabaco. Evitar pasar períodos longos de tempo sen ouriñar ou facelo demasiado rápido.
• Evitar exercicios de impacto.
• Realizar exercicios específicos: Kegels e hipopresivos.
• Incorporar a realización de Kegel cando non se poida evitar o impacto sobre o solo pelviano (por exemplo ao tusir, escorrer a fregona…)
Exercicios para o tratamento da afectación do chan pélvico
Exercicios para o traballo da musculatura do chan pélvico