Plan proxecta de innovación educativa Aliméntate Ben!

Roda dos alimentos Congresito 2018.png


Esta iniciativa preséntase como unha estratexia didáctica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con convocatoria pública aberta para todos os centros escolares públicos e concertados.

O proxecto Aliméntate ben! forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativada consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O proxecto divídese en varias modalidades que abranguen os distintos niveis educativos, dende educación infantil ata bacharelato e/ou formación profesional. Todas elas buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado e responden á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.

A modalidade Nutriescolas 0 está destinada a educación infantil. Xunto coa modalidade Nutriescolas 1, enfocada a educación primaria, pretenden que o alumnado adquira hábitos saudables, en paralelo ao seu propio proceso de crecemento integral e mediante as catas e a manipulación de alimentos, a estimulación sensorial e o desenvolvemento das emocións paralelas ao feito alimentaria. Tentarase tamén espertar o interese polo coñecemento da súa contorna.

A modalidade Nutriescolas 2 está destinada a educación secundaria. É un proxecto de investigación-acción educativa. Ao finalizar o curso, os escolares serán quen de facer escollas alimentarias saudables como consumidores responsables e por medio de decisións ben informadas, incluído o análise crítico das estratexias publicitarias na promoción e venta de alimentos. O alumnado deberá construír o seu propio campo de coñecemento e formar a súa opinión por medio do seu traballo de investigación, do debate cos seus compañeiros e co profesorado.

A modalidade Cociñando con saúde está destinado a formación profesional. Ten como obxectivo xeral que o alumnado acade competencias e habilidades básicas para a súa futura actividade laboral, adaptando os seus coñecementos á crecente demanda das tendencias dos consumidores actuais ligadas a integrar a saúde, xunto coa gastronomía e as artes culinarias, no campo da restauración.

Unha vez elixido o proxecto máis axeitado ás necesidades educativas do alumnado, póñense a disposición do profesorado outros recursos opcionais coa fin de complementar o proceso educativo. Neste apartado inclúense: Froita e leite na escola, Ti sí que es un bo peixe e Fai click no teu bocata para a promoción de ditos alimentos e para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar. Ademais, por medio do recurso Máis alá do prato, os escolares poderán analizar o sistema alimentario, estudando todas as fases (produción, comercialización, consumo etc.) e a pegada ecolóxica que levan consigo cada unha de elas, poñendo en valor o comercio e a produción local. Por último, ofrécense charlas formativas sobre a prevención, identificación e manexo dos trastornos da conduta alimentaria dende as aulas, destinadas al personal docente. 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020