Tempo estimado de lectura: 4 min 30 seg
Autor:
Xanela Aberta á Familia
Que é o solo pelviano?
É o conxunto de músculos e ligamentos que se atopan na base da pelve suxeitando a vexiga, o útero e o recto.
Cales son os síntomas dunha disfunción pelviana?
Algúns dos síntomas que podes experimentar se o teu solo pelviano non funciona ben son:
- Dor pelviana
- Sensación de peso
- Disfuncións sexuais femininas. Incontinencia de ouriños ou de feces
- Prolapsos: un prolapso de solo pelviano implica o descenso ou saída ao exterior de órganos internos como a vexiga (cistocele), o recto (rectocele) ou o útero (prolapso uterino).
Que factores danan o solo pelviano?
- Os deportes de impacto (saltar, correr)
- O estrinximento crónico
- A obesidade
- A menopausa
- O embarazo e parto
Como podemos previr disfuncións do solo pelviano durante o embarazo?
Mantendo un estilo de vida saudable nos que se inclúa:
- Alimentación saudable que evite o estrinximento crónico e a obesidade
- Hixiene postural
- Evitar pasar longos períodos de tempo sen ouriñar ou facelo demasiado rápido
- Evitar o tabaco
- Evitar exercicios de impacto
Como previr disfuncións do solo pelviano durante o pos-parto?
Do mesmo xeito que no embarazo e durante todas as etapas da vida, mantendo un estilo de vida saudable e incorporando a maiores exercicios de Kegel e hipopresivos.
Recursos
Exercicios dinámicos para o traballo da musculatura do solo pelviano
Ver vídeo en Youtube
Exercicios para o tratamento da afectación do solo pelviano
Ver vídeo en Youtube