Esta iniciativa preséntase como unha estratexia didáctica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con convocatoria pública aberta para
todos os centros escolares públicos e concertados.
O proxecto
Aliméntate Ben! parte da estratexia educativa do "Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade" (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do
Plan Proxecta de innovación educativa, da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O proxecto divídese en varias modalidades para os distintos niveis educativos, dende educación infantil ata bacharelato e/o formación profesional, e teñen como obxectivo traballar todas as dimensións da alimentación dunha maneira integral e transversal e respondendo á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados para facer eleccións saudables no futuro.
As modalidades adáptanse ás etapas de crecemento nas que se atopa o alumnado.
Modalidade Nutriescolas 0 y Nutriescolas 1
Enfocadas á
educación infantil e á
educación primaria respectivamente, pretenden que o alumnado adquira hábitos saudables mediante catas e manipulación de alimentos, estimulación sensorial e o desenvolvemento das emocións correspondentes á alimentación. Tentarase tamén espertar o interese polo coñecemento da súa contorna.
Modalidade Nutriescolas 2
Destinada á
educación secundaria, é un
proxecto de investigación-acción educativa. Ao finalizar o curso, os escolares serán capaces de facer eleccións alimentarias saudables por medio de decisións ben informadas, incluído a análise crítica das estratexias publicitarias na promoción e venda de alimentos.
O alumnado deberá construír o seu propio campo de coñecemento e formar a súa opinión por medio do seu traballo de investigación, do debate cos seus compañeiros e co profesorado.
Modalidade Cociñando con saúde
Destinada á formación profesional, busca que o alumnado consiga
competencias e habilidades básicas para a súa futura actividade laboral, adaptando os seus coñecementos á crecente demanda das tendencias dos consumidores actuais, vinculadas a integrar a saúde, a gastronomía e as artes culinarias no campo da restauración.
Recursos complementarios
Unha vez elixido o proxecto máis axeitado ás necesidades educativas do alumnado, póñense ao dispor do profesorado outros recursos opcionais co fin de complementar o proceso educativo, para a promoción de alimentos e para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar:
- Froita e leite na escola – coordinado pola Consellería de Medio Rural
- Ti sí que es un bo peixe – coordinado pola Consellería do Mar
Estes recursos son ofrecidos pola Consellería do Medio Rural.
Na etapa de Educación infantil (Nutriescolas 0) e na de Educación Primaria (Nutriescolas 1) leváronse a cabo distintas propostas como:
- Presentación do programa a todo o centro a través dunha mascota.
- Unha investigación sobre os distintos alimentos e unha presentación en distintos formatos.
- Proba de alimentos novos, con distintas texturas, describindo as sensacións.
- Elaboración de receitas sen lume.
- Elaboración dun quebracabezas do prato de Harvard, traballando os alimentos que ten que levar.
- Elaboración dun mural sobre bos hábitos de saúde.
- Traballar a través dunha gráfica con pictogramas os días que se fan adecuadamente as merendas.
- Lavar as mans antes das merendas e de acudir ao comedor.
- Investigación sobre os distintos alimentos a través da lectura de etiquetas para coñecer os beneficios ou prexuízos dos mesmos.
- Elaboración de menús para analizar se son saudables ou non.
- Elaboración de vídeos explicativos sobre os hábitos de vida saudables para divulgar entre a comunidade educativa.
Por outro lado, fixéronse diversas actividades que non estaban programadas como a visitas a centros de saúde, visitas á praza de abastos para coñecer os alimentos frescos de primeira man, unha visita dunha cetárea, unha charla divulgativa por parte dunha mariscadora ou unha degustación de almorzos saudables por parte da Escola Obradoiro de Santiago de Compostela, entre outras.
Velaquí destacamos algúns exemplos de boas prácticas levadas a cabo por algúns centros ao longo do último ano:
- CEIP Plurilingüe Xulio Camba (Vilanova de Arousa) - Nutriescolas 0-1
- Presentación do programa a todo o centro a través dunha mascota.
- Coñecer o prato de Harvard.
- Degustación de almorzos saudables por parte da escola obradoiro de hostalería de Santiago. ( 6º de EI)
- Visita a praza de abastos, para coñecer os produtos frescos.
- Aprender a ler a información nutricional das etiquetas dos alimentos.
-Visita a un supermercado, para traballar o consumo responsable e sostible.
- Visita a unha cetárea para coñecer todo o proceso da cadea de alimentación.
- Andaina polo día da Saúde para poñer en valor a importancia da actividade física.
- Elaboración de murais promovendo os hábitos de vida saudable.
- Visita ao centro médico para coñecer como nos coidan e como debemos coidarnos.
- Elaboración de receitas saudables por parte do alumnado de EI.
- CEIP Ortigueira (Vedra)
- Actividade do horto, un espazo de aprendizaxe para participar na preparación da terra, na plantación e no coidado de diversos produtos de tempada co obxectivo de fomentar hábitos alimentarios saudables, coñecer os ciclos naturais dos alimentos e promover o respecto polo medio ambiente desde as primeiras etapas educativas.
- Almorzo saudable, a propósito do día Internacional do Desayuno, elaborouse un almorzo composto por alimentos sinxelos, accesibles e nutricionalmente equilibrados como leite, pan con aceite de oliva virxe extra, pavo, queixo e tomate natural.
- Andaina Nutriescolas, que se levou a cabo pola contorna natural do centro, combinando actividade física, convivencia, educación ambiental e hábitos saudables. A actividade contou coa participación de todo o alumnado e do profesorado do centro.
- E.E.I. da Igrexa (Ames)
- Elaboración de receitas saudables como ovos de araña, bolachas de avea, crema de cacao saudable e bocadillos de flor. Tamén elaboraron zumes e licuados multivitamina con algún vexetal.
- Visita á horta de Marcelo, un veciño xubilado que adoita coidar a horta. Explicou os frutais que tiña e despois apañaron as froitas coa súa axuda.
- Visita ao galiñeiro de Teresa, unha veciña que amosou unha das súas galiñas, a máis especial, dado que pon ovos de cor azul.
- Visita á cooperativa de castañas dun pai dunha alumna, onde coñeceron o proceso de recolección e selección das castañas dun xeito ecolóxico.
- Saída para coñecer o proceso do millo na casa dos avós dun alumno, realizando a recolección deste cereal e a elaboración do tradicional pan de millo.
- Faladoiro para coñecer os lugares onde se poden mercar os alimentos, concluíndo a actividade coa compra duns mexilóns a un peixeiro ambulante para preparalos conxuntamente.
- Clase de taekwondo a cargo do pai dunha alumna.
- Conto da eiruga glotona en inglés e manualidades a través da estampación de globos e deseñando á eiruga glotona cun globo.
- Dúas visitas para coñecer os alimentos con denominación de orixe.
- Elaboración dun delicioso picoteo saudable inspirado na temática do samaín.
- Elaboración dunha horta tras a escoita da canción da “Horta de Balbina”, de María Fumasa.
- IES Ordes
- DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO
- O alumnado de 1º CM de Xestión Administrativa traballou na análise de etiquetas dos alimentos e elaborando os paneis informativos que están expostos no 1º andar do Edificio.
- Resultados do traballo polo alumnado de 2º CM de XA tratando a diversidade de alimentación no mundo a prevención da obesidade e sobrepeso.
- DEPARTAMENTO DE CIENCIAS
- Bioloxía e Xeoloxía. (3º da ESO) - Imaxes do alumnado participando na saída didáctica organizada por CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental).
- Ámbito Científico (3º PDC) Resumo dalgunha das imaxes do traballo realizado sobre a trazabilidade dos alimentos dos supermercados da zona de Ordes.
- DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
- Formación do profesorado en horta ecolóxica.
- 1º Bacharelato. Aplicación Yuka.
- Proxecto competencial.
- DEPARTAMENTO FÍSICA E QUÍMICA.
- (4º PDC) Alumnado traballando na creación dos cartaces informativos sobre as propiedades organolépticas dos alimentos.
- DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
- Receitas creadas polo alumnado en francés. O alumnado tamén realizou varios vídeos.
- DEPARTAMENTO DE INGLÉS
- Recetario elaborado polo alumnado de inglés.
- DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ
- Menús saudables co alumnado de Lingua castelá e literatura.
- DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA
- Refraneiro relacionado coa alimentación recopilado polo alumnado e montado en paneis informativos que estiveron expostos nos corredores do instituto e na web do centro.
- DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
- Levouse a cabo unha análise con enquisas entre o alumnado, unha inicial en xaneiro, antes de que comezara o reparto de froita e leite, e outra a finais de maio, xusto antes da avaliación ordinaria de 1º de Bacharelato. A enquisa incorporou preguntas sobre os hábitos alimentarios do alumnado, concluíndo unha mellora en case en todos os ítems ao longo do curso e que unha porcentaxe elevada preocupábase pola alimentación saudable e por manter uns hábitos alimentarios saudables.
- Tamén fíxose un trivial con cuestións relacionadas coa alimentación.
- DEPARTAMENTO DE MÚSICA
- Linguaxe e Práctica Musical con partituras de algún dos informes da campaña.
- DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
- Traballos realizados sobre as festas gastronómicas da comarca de Ordes.
- Obradoiro sobre conservación dos alimentos na casa.
- DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
- Elaboración de paneis explicativos sobre as relacións entre o clima e a alimentación en Galicia.