O Día Internacional da Matrona é una xornada que se celebra anualmente o 5 de maio dende 1991, establecida pola Confederación Internacional de Matronas (ICM, siglas en inglés) en 1987 e respaldada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e UNICEF.
As matronas son unha das pezas clave da atención sanitaria para as mulleres ao longo do ciclo vital dende o inicio da vida sexual ata o climaterio, pasando por partos, puerperio, ou momentos complexos como o duelo perinatal. Son, por tanto, profesionais altamente capacitadas/os e especificamente formadas/ao en Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica, sendo unha profesión autónoma con competencias propias definidas legalmente creada en 1953 integrada no modelo de formación sanitaria dende 1992.
É tan importante o seu rol na sociedade actual, que se ten demostrado que a taxa de mortalidade materna e neonatal diminúe cando están presentes estas/os profesionais no sistema. Nos países en desenvolvemento, estímase, de feito, que as matronas e matróns poderían salvar uns 4,3 millóns de vidas ao ano aquí a 2035(1) segundo o informe do Estado das Matronas no Mundo de 2021(1-2).
No noso país, as matronas teñen un amplo rango de competencias incluíndo actividades de promoción e prevención da saúde. No eido da prevención, desenvolven unha importante labor no Programa de Cribado de Cáncer de Cérvix que está levando a cabo a Consellería de Sanidade dentro da Dirección Xeral de Saúde Pública, xa que se encargan, ademais da realización da toma da mostra nos Centros de Saúde, da captación de mulleres susceptibles a entrar no programa dende as consultas de Atención Primaria.
No ámbito da educación para a saúde, as matronas teñen actividades educativas na súa carteira de servizos, tanto individuais como comunitarias, en ámbitos como a saúde afectivo-sexual e perspectiva de xénero, psicoprofilaxe obstétrica, saúde perinatal, mantemento solo pelviano, e crianza, entre outras. Países como Reino Unido ou Francia destacan por poenciar o liderazgo destas profesionais na investigación sanitaria en campos tan necesarios como a menopausia.
Segundo as recomendacións internacionais, en Atención Primaria debería haber unha matrona por cada 3.000-3.500 mulleres en idade fértil, mentres que en Atención Especializada o estándar debería ser de unha matrona por cada 260 partos. No noso país, a taxa de matronas é de 6,1 por cada 10.000 mulleres de entre 14 e 65 anos, situándose tres puntos por debaixo da mediana europea, fixada en 9,1(3), segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE, 2020).
Segundo as estimacións da AEM (Asociación Española de Matronas), en España faltan máis de 1.000 matronas para acadar as ratios adecuadas determinadas tamén pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE)(4) sendo a ratio actual española de 26,7 matronas por cada 1.000 nacementos.
Outros retos futuros que ten a profesión, son o aumento na incidencia de enfermidades de transmisión sexual, o adiamento da maternidade ou o recambio xeracional insuficiente, cuestións que requiren planificación e apoio institucional para garantir unha atención de calidade e adaptada ás necesidades actuais.
As matronas son unha figura esencial no coidado da muller que acadou nas últimas décadas un elevado grado de profesionalización e recoñecemento. Figura clave nos sistemas sanitarios, cobren perto do 90% das necesidades de intervencións esenciais de saúde sexual, reprodutiva, materna, neonatal e adolescente, realizando actividades de educación, promoción e prevención da saúde como son o cribado de cáncer de cérvix, a prevención de enfermidades de transmisión sexual ou a abordaxe da menopausia. Dende 1991, celébrase o Día Internacional da Matrona o 5 de maio.