Avaliación da composición corporal e condición física

28 de Xuño de 2022
Tempo estimado de lectura: 2 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

A acción consiste na avaliación individual da composición corporal e da condición física. En función dos resultados obtidos, realízase un consello breve individualizado sobre estilos de vida saudables e cítase á persoa para o seu seguimento nos próximos 3 meses.

A avaliación da composición corporal consiste na determinación do índice de masa corporal, da porcentaxe de masa magra e do perímetro cintura.

Na avaliación da condición física analízanse distintos parámetros relacionados coa saúde e a capacidade funcional en función do rango de idade:

Poboación traballadora entre 18 e 59 anos:

  • Equilibrio.
  • Forza máxima do membro superior.
  • Tolerancia muscular do membro inferior.
  • Flexibilidade dos ombros.
  • Flexibilidade anterior do tronco.

Poboación traballadora maior de 59 anos:

  • Equilibrio.
  • Tolerancia muscular do membro superior.
  • Tolerancia muscular do membro inferior.
  • Flexibilidade dos ombros.
  • Flexibilidade anterior do tronco.
  • Resistencia cardiorrespiratoria.

Esta acción persegue proporcionar estratexias individuais de cambio de hábitos, dotar aos traballadores e traballadoras de referencias obxectivas que permitan o seguimento das capacidades físicas e a composición corporal e motivar aos asistentes para a modificar ou manter os seus hábitos.

Obxectivos aos que contribúe:

  • Aumentar a actividade física e reducir o comportamento sedentario do persoal da Xunta de Galicia, contribuíndo a que acaden as recomendacións de actividade física formulados pola OMS e reduzan o seu nivel de sedentarismo.
  • Desenvolver habilidades e responsabilidades persoais relacionadas ca xestión da saúde, o autocoidado e o desenvolvemento persoal.
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020