Andainas saudables.
Descrición: Andainas saudables para os pacientes do Centro de Saúde de Salceda de Caselas.
Data e hora da actividade: Todos os venres, de 8:30 a 9:30 horas.
Lugar da actividade: Centro de Saúde de Salceda de Caselas.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral
Ponteareas Móvese: paseos activos.
Descrición: Andainas de acondicionamento físico organizadas pola fisioterapeuta comunitaria do Centro de Saúde de Ponteareas.
Data e hora da actividade: Todos os venres de xaneiro, ás 11:00 horas.
Lugar da actividade: Saída dende o Centro de Saúde de Ponteareas.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral
Carreira de Reis do Concello do Porriño
Descrición: carreira na que cada corredor depositará unha unidade de produtos ou alimentos para bebés, ou pasta tipo macarrón ou espiral, os cales serán distribuídos entre as familias do Concello con menos recursos. Inscrición: Formulario de inscrición para a Carreira de Reis.
Data e hora da actividade: Sábado, 6 de xaneiro ás 17:00 horas
Lugar da actividade: Saída dende a praza Arquitecto Antonio Palacios, Porriño.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral.
Como favorecer un desenvolvemento saudable do teu bebé.
Descrición: Charla impartida pola fisioterapeuta do Centro de Saúde Val Miñor.
Data e hora da actividade: Luns 8 de xaneiro ás 12:00 h.
Lugar da actividade: Sala de educación maternal do Centro de Saúde Val Miñor, Nigrán.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral.
Etiquetado nutricional e compra saudable.
Descrición: Obradoiro impartido pola nutricionista do Centro de Saúde de Ponteareas.
Data e hora da actividade: Xoves 11 de xaneiro.
Lugar da actividade: Centro de Saúde de Ponteareas.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral.
Charla: "Suelo pélvico: ¿el precio a pagar por ser madre?".
Descrición: Charla impartida dentro do Ciclo de charlas "Grolos de saúde: crenzas e verdades" organizado por SOGAFI.
Data e hora da actividade: Xoves 25 de xaneiro ás 20:00 horas.
Lugar da actividade: Restaurante Cañaveral, Vigo.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral.
Obradoiro de Memoria.
Descrición: Actividade de memoria gratuíta para maiores de 65 anos.
Data e hora da actividade: Luns ás 17:00 h, martes ás 18:00 h e xoves ás 10:30 h.
Lugar da actividade: Cruz Vermella Vigo (Rúa Teófilo Llorente, 8).
Poboación á que vai dirixida: Poboación maior de 65 anos.
Vida activa.
Descrición: Actividade física para maiores de 65 anos.
Data e hora da actividade: Xoves ás 17:00 horas.
Lugar da actividade: Cruz Vermella Vigo (Rúa Teófilo Llorente, 8).
Poboación á que vai dirixida: Poboación maior de 65 anos.
Programa de acondicionamento físico.
Descrición: Sesións impartidas pola fisioterapeuta do centro de saúde de Ponteareas, que combinan educación para a saúde e exercicio terapéutico.
Data e hora da actividade: Todos os martes e xoves de xaneiro en horario de tarde.
Lugar da actividade: Centro de saúde de Ponteareas.
Poboación á que vai dirixida: Pacientes derivados ao programa polo médico de fámilia ou polos profesionais da unidade de fisioterapia.
Alimentación saudable e planificación de menús.
Descrición: charla impartida pola nutricionista do centro de saúde de Nigrán.
Data e hora da actividade: Martes 16 de xaneiro ás 17:00 horas.
Lugar da actividade: Auditorio do concello de Nigrán.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral.
Dieta saudable para persoas dependentes.
Descrición: Charla impartida pola nutricionisata e ESAD en Gondomar.
Data e hora da actividade: Martes 23 de xaneiro ás 17:00 h.
Lugar da actividade: Auditorio Luis Tobío de Gondomar.
Poboación á que vai dirixida: Poboación xeral.