Webinar: " Actividade Física na infancia e adolescencia: recomendacións e influencia no desenvolvemento"

Webinar.jpg
19 de outubro de 2023

18:30-19:00 horas

"Actividade física na infancia e adolescencia: recomendacións e influencia no desenvolvemento"

O noso corpo está especialmente deseñado para moverse. A mecanización e os avances tecnolóxicos cambiaron a forma de aprender, de traballar, de moverse e mesmo de divertirse. As nosas actividades requiren cada vez menos movemento e mantéñennos máis tempo sentados e físicamente inactivos. Nenos e nenas móvense o suficiente? Canto se teñen que mover? Como poden logralo?

Relator: Iván Clavel San Emeterio

Xerente da Fundación Deporte Galego. Xunta de Galicia
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020