Tempo estimado de lectura: 3 min
Preparados… listos… imos cociñar
A lección primeira da alimentación saudable consiste en aprender a elixir e preparar alimentos.
Fagamos una clase práctica participando toda a familia!
Pero antes de comezar, aconsellamos:
- Recoller o pelo. Axeitar a roupa que imos usar para cociñar.
Manter limpa a superficie de traballo. Lavar e secar a táboa de corte cada vez que axeitemos os distintos alimentos, en particular a carne, o polo e o peixe.
Lavar as mans tanto como sexa necesario. Deixalas limpas de deterxentes e xabóns antes de empezar.
Cando as meniñas e os meniños entran na cociña:
Déixadeos axudar na planificación e na elaboración das comidas.
Permitídelles que ulan e manipulen alimentos, repasando as normas básicas de hixiene.
Encargádelles pequenas tarefas. Adornar, aderezar, xuntar, engadir os alimentos para cociñar etc.
Pensade sempre na súa seguridade: o lume, o aceite e o rabo da tixola, os coitelos, as mans molladas e a corrente eléctrica... Delimitade unha zona de seguridade arredor da cociña.
Xogade: cada un proba un pouquiño do que prepararon os demais, prepara distintos aliños para un mesmo alimento (p. ex., ensalada con salsa de iogur, con cítricos, con distintas herbas etc).
Participade activamente: poñer e retirar a mesa; secar os pratos etc.
Elaborar preparacións sinxelas para afacerse aos distintos sabores dos alimentos. Máis tarde, ides enriquecer os pratos incorporando novos produtos.
Manter o sabor orixinal do alimento. Se dende a infancia os habituamos a aceptar os alimentos cun baixo contido en sal ou en azucre, posiblemente manterán este hábito ao longo da vida. Por isto, non é recomendable salgar ou engadir azucre en exceso, nin “disfrazar” a comida con salsas comerciais. Recordamos que a froita, os zumes ou os alimentos lácteos xa conteñen azucres de forma natural, polo que non é necesario engadir máis. Do mesmo xeito, é recomendable ofrecer máis alimentos frescos e de tempada, dado que os máis procesados adoitan ser habitualmente máis salgados e azucrados que os naturais.
Para preparar alimentos de forma segura, a Organización Mundial da Saúde recomenda:
Elixir alimentos tratados hixienicamente dende a súa orixe
Cociñar ben ols alimentos (acadando un mínimo de 65ºC no centro do produto)
Consumir os alimentos inmediatamente despois de cociñalos ou conservalos adecuadamente
Requentar os alimentos correctamente (mínimo 65 ºC no centro do produto)
Evitar o contacto entre alimentos crús e cociñados
Lavar as mans con tanta frecuencia como sexa necesario
Manter escrupulosamente limpas todas as superficies de traballo na cociña
Protexer os alimentos de roedores e doutros animais
Utilizar auga para o consumo