Xestiona o estrés no traballo co Mindfulness

Tempo estimado de lectura: 4 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

A liña entre o traballo e a vida persoal difumínase cada vez máis e a presión por manter un alto nivel de produtividade é constante, por iso, é fundamental atopar ferramentas para preservar a nosa saúde mental en todos os ámbitos da nosa vida diaria, incluído o ámbito laboral.

Unha desas ferramentas é o Mindfulness, unha práctica que ofrece beneficios para a xestión do estrés e a mellora do benestar emocional, independentemente do posto de traballo que ocupes.

Que é o mindfulness?

O mindfulness, ou atención plena, implica prestar atención de maneira consciente ao momento presente, sen xulgar os pensamentos ou sensacións que xorden e con plena apertura e aceptación.

No ámbito laboral, esta práctica pode manifestarse de diversas formas, desde tomarse uns minutos ao día para practicar a respiración consciente ata realizar pausas breves entre tarefas para conectar co corpo e a mente.

Beneficios do mindfulness no traballo:

  • Xestión do estrés e a ansiedade: Ao practicar a atención plena, aprendemos a recoñecer e responder conscientemente ós estímulos estresantes, o que reduce a activación do sistema nervioso simpático e promove unha resposta de relaxación.
  • Mellora a toma de decisións: O mindfulness axúdanos a avaliar obxectivamente as opcións dispoñibles e a reducir a impulsividade emocional, o que leva a decisións máis acertadas e aliñadas cos obxectivos.
  • Potencia a creatividade: Ao observar os pensamentos e emocións de maneira tranquila, o mindfulness abre a mente a novas ideas e enfoques sen prexuízos nin limitacións, o que fomenta a creatividade e a innovación.
  • Facilita a resolución de conflitos: Promove a comprensión e a empatía cara aos demais, o que facilita a resolución construtiva de conflitos na contorna laboral.
  • Desenvolve dotes de liderado: Potencia a concentración, a claridade, a creatividade e a empatía, aspectos fundamentais para liderar equipos de traballo de maneira efectiva.
  • Mellora a comunicación interpersoal: Promove a escoita activa e a comprensión mutua, facilitando a construción de relacións saudables e colaborativas no traballo.
  • Aumenta a concentración e a memoria: Adestra a capacidade de atención e enfoque, o que permite traballar de maneira máis eficiente e reter información de maneira máis efectiva.
  • Desenvolve a xestión emocional: Axuda a responder de maneira acougada e equilibrada ante situacións estresantes ou desafiantes, contribuíndo a un maior benestar emocional no traballo.
  • Mellora o traballo en equipo: Promove a colaboración, a confianza e a comunicación efectiva entre os membros do equipo, facilitando a consecución de metas comúns de maneira harmoniosa.
  • Aumenta o benestar e a relaxación: Desenvolve a capacidade de atopar paz e serenidade en medio da presión laboral, contribuíndo ao benestar emocional, físico e social.

Técnicas para aliviar o estrés do traballo:

Existen diversas técnicas sinxelas para aliviar o estrés que se poden incorporar no día a día, como:

  • Facer exercicio regularmente é unha das mellores maneiras de manexar o estrés, como por exemplo camiñar.
  • Escribir acerca das cousas que lle están molestando pode ser de axuda.
  • Expresar os sentimentos cando sexa necesario cunha persoa na que se teña confianza.
  • Facer algo que se goce, como un pasatempo. O traballo voluntario ou o traballo que axuda a outras persoas poden ser un liberador do estrés.
  • Practicar exercicios de respiración, exercicios de relaxación muscular, masaxes, aromaterapia, ioga ou exercicios de relaxación, como tai chi e qi gong.
  • Concentrarse no presente, mediante a meditación ou escoitando música relaxante.

Consellos para combater o estrés laboral:

  • Tomar descansos: É importante tomarse descansos, xa que pode axudar a refrescar a mente, ben sexa dando un paseo curto ou tomando unha bebida saudable. Mesmo tomar uns momentos para pechar os ollos e respirar profundamente.
  • Establecer metas realistas: É importante establecer metas laborais alcanzables para garantir expectativas realistas.
  • Xestionar o uso das pantallas: Establecer límites no uso de dispositivos electrónicos, como apagalos durante certos momentos do día, pode axudar a desconectar do traballo e reducir o estrés relacionado coa tecnoloxía.
  • Establecer límites: Se as condicións laborais son inseguras ou incómodas, é importante abordar o problema cos superiores ou a xerencia.
  • Organizarse: Manter unha lista de tarefas pendentes e priorizalas segundo a súa importancia pode axudar a manterse enfocado e reducir o estrés relacionado coa carga de traballo.
  • Gozar de actividades: Reservar tempo para actividades que brinden pracer e relaxación, como facer exercicio, practicar un hobby ou ver unha película, pode axudar a aliviar o estrés e mellorar o benestar xeral.
  • Aproveitar o tempo libre: Tomarse vacacións ou tempo libre regularmente pode axudar a desconectar do traballo e gañar perspectiva sobre as responsabilidades laborais.
  • Buscar apoio: Se se necesita axuda para manexar o estrés laboral, é importante aproveitar os recursos dispoñibles, como os programas de asistencia ao empregado ou o asesoramento profesional.
  • Aprender técnicas de manexo do estrés: Explorar diferentes técnicas para manexar o estrés, como o exercicio regular e as técnicas de relaxación, pode ser beneficioso para reducir o impacto do estrés na vida laboral e persoal.
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020