Programa de promoción da saúde no ámbito laboral

Tempo estimado de lectura 1 min 20 sg
Imaxe para zona video en Xanela.pngA promoción da saúde no lugar de traballo reduce a carga das enfermidades relacionadas con este e contribúe á creación de capital social, ao fortalecer á persoa, a título individual, e os recursos organizativos que conducen á súa saúde. Ademais reduce o absentismo relacionado coa enfermidade e aumenta a produtividade e a competitividade.

Con este programa pretendese dar un paso máis na prevención do deterioro da saúde dos traballadores e traballadoras, incidindo no seu estilo de vida e creando unha cultura axeitada de organización saudable.

Unha empresa promotora de saúde é aquela que, ademais de cumprir con todas as medidas de seguridade e de prevención de riscos laborais, se preocupa polo benestar do seu persoal, que é o seu principal activo; apoia de maneira activa a política de promoción da saúde na contorna laboral e fóra dela e está comprometida coa comunidade á que pertence, e coa sustentabilidade. Por todo isto, créase un marco para que a organización acade un liderado centrado no benestar, xere un clima laboral saudable e o persoal perciba as condicións laborais de xeito positivo.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020