Se consumes non conduzas

Tempo estimado de lectura: 4 min
Autor: Xanela Aberta á Familia
se consumes non conduzas 

Os efectos que cada substancia psicoactiva ten sobre a túa capacidade para conducir son diferentes e dependen da maneira en que esta actúa no teu cerebro.

drogas  

ALCOHOL

Aínda que estes por debaixo do límite legal, HAI PERIGO!

  • Antes dos 0,5 g/l de alcohol en sangue xa se observan alteracións na túa capacidade para conducir.
  • Con 0,15 -0,20 g/l de alcohol en sangue, aínda por debaixo do límite legal, terás maior risco de accidente que se non tomaras nada de alcohol.

Para saber máis

E se te pasas do límite…

… a condución con 0,5 g/l de etanol (a substancia psicoactiva que teñen as bebidas alcohólicas e que coloca e engancha) en sangre, supón case o dobre de probabilidade de que sufras un accidente de circulación se o comparamos á condución sen consumir alcohol. Se bebes ao longo do día, aínda que sexa pouco a pouco, poderás dar positivo.

O fígado é capaz de metabolizar unicamente 8-10 gr. de alcohol en sangue cada hora, polo que a eliminación do alcohol do organismo é lenta.

  • Se consumes continuamente ao longo do día, os teus niveis de alcoholemia poden chegar a ser maiores do que pensas.
  • O alcohol inxerido na comida si que se absorbe.
  • Beber alcohol co estómago cheo pode retrasar a absorción do alcohol e facer que se produza de forma máis gradual. Pero, ao final, o alcohol inxerido sempre terminará por pasar ao sangue.
  • Dúas persoas que beban o mesmo terán distinta alcoholemia.
  • A cantidade de alcohol é un dos maiores determinantes da taxa de alcoholemia pero hai outros moitos factores que a van a modificar de forma importante.

Non mestures alcohol con substancias psicoactivas estimulantes

As substancias psicoactivas estimulantes (como a cafeína, cocaína, anfetamina,...) poden enmascarar o efecto depresor do alcohol pero non eliminalo ou diminuílo. Aínda que se produce unha certa sensación de control da situación, as capacidades cognitivas (percepción, atención, memoria e os reflexos) e de decisión seguen estando alteradas.

CANNABIS

Diminúe a túa coordinación, o teu tempo de reacción e a túa capacidade para avaliar o tempo e a distancia.

Despois do alcohol, o cannabis é a substancia psicoactiva que se atopa con maior frecuencia no sangue de persoas condutoras que sufriron un accidente.

O cannabis foi a droga máis detectada no intervalo de idade de 18-34 años en condutores/as falecidos/as en España.

COCAÍNA OU SUBSTANCIAS ESTIMULANTES

Se consumes cocaina ou metanfetaminas conducirás de forma agresiva e imprudente.

MEDICAMENTOS

Non esquezas... que existen medicamentos receitados que poden diminuír as capacidades cognitivas e tamén causan accidentes de tráfico.

Para saber máis

Lembra que... o consumo de substancias psicoactivas implica importantes perigos para a saúde.

Non conduzas baixo os efectos destas substancias.

coches  

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020