PROXECTO ZERO

Tempo estimado de lectura: 3 min
Autor: Asociación Española Contra el Cáncer e Lo que de verdad importa
Proxecto Zero que non che vendan fumo 

É unha iniciativa dedicada á formación e empoderamiento de todos os mozos e mozas de España, co obxectivo de crear a Primeira Xeración Libre de Tabaco para o 2030.

O proxecto é o primeiro programa gratuíto onde forman a líderes dunha causa, centrado en mozos de entre 15 e 21 anos, ofrecéndolles formación específica sobre o tabaquismo, habilidades de liderado, comunicación e innovación.

Por que o Proxecto Zero céntrase nesas idades?

Porque son conscientes de que a xeración Z é a ideal para liderar o cambio, xa que teñen ese espírito inquieto e a necesidade de marcar a diferencia.

Ademais, esta experiencia non so transformará a vida dos participantes, senón tamén das xeracións futuras.

De que trata o programa?

  • Creación dunha comunidade de 60 mozos e mozas de gran talento e cunha gran misión.
  • Formación en liderado, innovación e comunicación da man de expertos.
  • Emprego de metodoloxía de innovación Lombard Design Doing de Silicon Valley.
  • Participación na xeración de propostas para a "Primeira Xeración libre de tabaco".
  • Obtención da certificación oficial da metodoloxía de innovación Lombard Design Doing.
  • Participación nunha experiencia con propósito social, onde as ideas dos compoñentes da comunidade serán presentadas nas institucións, parlamentos, entidades e outros organismos.

Queres formar parte do Proxecto Zero? Accede ao seguinte ligazón https://proyectozero.loquedeverdadimporta.org/

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020