Presentación de Sanidade Mediaverso na Semana da Administración Aberta

3 de Xuño de 2024
Tempo estimado de lectura: 3 min
Autor: Xanela Aberta á Familia
Sergas presentación sanidade mediaverso 

A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa que ten como obxectivo a organización de eventos para achegar as administracións públicas á cidadanía e baséase nos principios de transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.

Con este motivo, o martes 11 de xuño presentarase a plataforma multitecnolóxica Sanidade Mediaverso, coa que a Xunta de Galicia promoverá estilos de vida saudables entre a poboación galega.

O acto de presentación terá lugar ás 11:00 horas no Salón de Actos da Consellería de Sanidade situada en Santiago de Compostela.

Programación do evento

  • Presentación da plataforma Sanidade Mediaverso
  • Experiencia con lentes de realidade virtual "EnMovemento"
  • Acceso ás aplicacións e xogos deseñados para fomentar a actividade física, a alimentación saudable e o benestar emocional como:
    • Camiña
    • Activar-T
    • Chef Junior
    • Planificador de Comidas
    • Actividade física en familia
    • Programa para o Benestar

Inscrición

As persoas interesadas en acudir, deberán enviar un correo a smediaverso.regaps@sergas.es indicando o seu nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.

Que é Sanidade Mediaverso?

Trátase dunha plataforma que utiliza as novas tecnoloxías para promover un estilo de vida saudable e que se estrutura arredor de catro grandes eixos: a alimentación saudable, a actividade física, o coidado do benestar emocional e a prevención de condutas adictivas.

O contido desta web inclúe unha serie de vídeos instrutivos con expertos en actividade física, nutrición e benestar emocional que proporcionan consellos prácticos e de utilidade relacionados con estes aspectos. Ademais, incorpora diversos cursos de formación e recursos enfocados á prevención de condutas adictivas.

Pola outra banda, desenvolvéronse aplicacións para dispositivos móbiles e para lentes de realidade virtual relacionadas co exercicio físico e a alimentación saudable co fin de integrar hábitos saudables na vida diaria das persoas.

Acceso a Sanidade Mediaverso

 
​​​​​​​​​​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020