En comparación con pais, nais, avós e avoas, os nenos e nenas de hoxe en día pasan cada vez máis tempo en contornas que, ademais de
limitar a actividade física, esixen estar sentados durante longos períodos de tempo. As escolas, os fogares e os espazos públicos, foron (e continúan sendo) deseñados de maneira que minimizan o movemento humano e a actividade muscular.
Estes e outros cambios teñen un dobre efecto no comportamento humano: os nenos e nenas móvense menos e dedican máis tempo a actividades sedentarias como usar o computador, visualizar pantallas, estar sentados, actividades escolares sedentarias, etc.
Os
comportamentos sedentarios foron considerados como
un problema de saúde pública porque afectan, negativamente, ao desenvolvemento de nenos e nenas, teñen efectos negativos sobre a súa saúde presente e futura e son altamente prevalentes nas sociedades actuais.
En xeral, o comportamento sedentario refírese a calquera
comportamento de
vixilia caracterizado por un
gasto de enerxía moi baixo, como o que se produce cando os nenos/as están sentados/as, reclinados/as ou deitados/as.
Os pais, nais ou titores xogan un papel de vital importancia na
redución dos tempos sedentarios dos seus fillos/as. Ao facelo, axudan a sentar unha base importante para a adquisición dun estilo de vida minimamente sedentario, promovendo así, un
desenvolvemento normal e a
saúde dos seus fillos/as.
Reducindo o tempo sedentario dos nosos nenos e nenas, estamos contribuíndo a:
- Mellorar a forma física e manter un peso saudable.
- Facilitar un maior desenvolvemento de habilidades sociais.
- Mellorar a aprendizaxe e a atención, o comportamento e o rendemento escolar.
- Mellorar as habilidades da linguaxe.
- Mellorar a autoestima.
Ao non pasar tanto tempo sentados, na casa ou xogando sós con tabletas, consolas ou outras pantallas, teñen máis tempo para divertirse coas súas amigas ou amigos e para aprender novas habilidades.
Recomendacións de sedentarismo e tempo de pantalla para a poboación de 0 a 17 anos:
-
Menores 5 anos:
- Minimizar o tempo que pasan sentados o suxeitos en cadeiras cando están espertos a menos dunha hora seguida.
-
< 2anos: non se recomenda pasar tempo diante dunha pantalla.
-
2-4 anos: o tempo de pantalla debería limitarse a menos dunha hora ao día.
-
Entre os 5 e os 17 anos:
- Reducir os períodos sedentarios prolongados e
fomentar o transporte activo e as actividades ao aire libre.
-
Limitar o tempo de uso de
pantallas con fins recreativos a un máximo de dúas horas ao día.