Cóidate Cóidame

Tempo estimado de lectura: 4 min
Autor: Xanela Aberta á Familia
coidate coidame  

Non nacemos sabendo ser nai ou pai, aprendemos a selo a medida que os fillos e fillas medran e maduran.

O coidado dos mesos resulta nunha tarefa comprometida na que debemos tentar:

  • Prestarlles atención para cubrir as necesidades básicas de seguridade, alimentación, sono...
  • Aceptalos en todo momento, tal e como son, coas súas virtudes, limitacións ou defectos.
  • Darlles exemplo vivo de comportamentos adecuados e saudables, fomentando a práctica cotiá dalgúns hábitos que proporcionan e protexen saúde física e mental.
  • Axudarlles a converterse, co tempo, en persoas autónomas.

 

O recentemente nado ou a recentemente nada requirirán coidados constantes e delicados. O seu desenvolvemento saudable e feliz nas primeiras semanas o acadaremos facilitando unha boa alimentación, hixiene e descanso, promovendo que durman.

Dende o primeiro día e nos primeiros meses de vida, a relación do/da bebé co medio que o/a rodea vai ser moi instintiva, motivada por sensacións de fame, frío, calor ou ruído. O/a bebé responderá co pranto ou, pola contra, con xestos de cara e boca parecidos a un sorriso que demostra o seu benestar, cando o alimentemos, acariciemos ou aseemos.

Non hai que dubidar en recorrer aos profesionais sanitarios, tanto para participar nun programa de control médico do crecemento do neno san, como para consultar cando aparezan sinais de alerta por algunha enfermidade. Deben aproveitarse as visitas médicas para preguntar e aprender sobre o modo de proporcionar coidados infantís saudables.

Sumándose ao labor cotián dos profesionais da saúde adicados aos máis pequenos da nosa comunidade, o cartafol Cóidate – Cóidame quere achegar unhas guías onde poderán atopar información útil para resolver as dúbidas máis comúns sobre lactación e alimentación infantil, desenvolvemento psicomotor, aseo e outros hábitos saudables, así como a prevención e manexo de lesións por accidente ou por enfermidades.

coidate coidame  

Pretenden ser unha pequena axuda co fin de transmitir coñecementos para poder proporcionarlles ás fillas e fillos daqueles coidados que mellor aseguren o seu desenvolvemento saudable nos primeiros anos de vida.

coidate coidame  
coidate coidame pie  
​​​​​​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020