Imos cociñar!

Tempo estimado de lectura: 3 min

 

Involucrar aos nenos e ás nenas na preparación das comidas é unha boa idea para ensinarlles como seguir unha alimentación saudable.

imoscociñar.png

 

A primeira lección da alimentación saudable consiste en aprender a elixir e a preparar alimentos.

Fagamos unha clase práctica participando toda a familia! pero antes de comezar, aconsellamos:
 
  1. Recoller o pelo. Axeitar a roupa que imos usar para cociñar.
  2. Limpar e manter a superficie de traballo. Lavar e secar a táboa de corte cada vez que axeitemos os distintos alimentos, en particular a carne, o polo, o peixe...
  3. Lavar as mans tanto como sexa necesario. Deixalas limpas de deterxentes e xabóns antes de empezar
lavarasmans.png

   

   4. Cando os meniños entran na cociña:

  • Deixarlles axudar na planificación e na elaboración das comidas.
  • Permítelles que ulan e manipulen alimentos, repasando as normas básicas de hixiene.
  • Encargarlles pequenas tarefas. Adornar, aderezar, xuntar, engadir os alimentos para cociñar etc.
  • Pensar sempre na súa seguridade: o lume, o aceite e o rabo da tixola, os coitelos, as mans molladas e a corrente eléctrica... Situar unha zona de seguridade arredor da cociña.
  • Xogar: cada un proba un pouquiño do que prepararon os demais, prepara distintos aliños para un mesmo alimento (p. ex., ensalada con salsa de iogur, con cítricos, con distintas herbas etc).
  • Participar activamente: poñer e retirar a mesa; secar os pratos etc.
fregarpratos.png
 

    5. Elaborar preparacións sinxelas, para que os rapaces se fagan pouco a pouco aos distintos sabores dos alimentos. Máis tarde, ides enriquecer os pratos, incorporando novos produtos.

    6. Manter o sabor orixinal do alimento. Se dende a infancia os habituamos a aceptar os alimentos cun baixo contido en sal ou en azucre, posiblemente manterán este hábito ao longo da vida. Por isto, non é recomendable salgar en exceso, edulcorar, nin “disfrazar” a comida con salsas comerciais. Recordamos que a froita, os zumes ou os alimentos lácteos xa conteñen azucres de forma natural, polo que non é necesario engadir máis. Do mesmo xeito, é recomendable ofrecer máis alimentos frescos e de tempada, dado que os máis procesados adoitan ser habitualmente máis salgados e azucrados que os naturais.
 
Para preparar alimentos de forma segura, a ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE RECOMENDA:
decalogo oms.png
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020