Cómo podo axudar a alguén que está pensando en quitarse a vida?

11 de Outubro de 2022
Tempo estimado de lectura: 3 min
 
 
A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais. A saúde mental é un estado completo de benestar físico, mental e social, no que as persoas poden acadar os seus obxectivos e son capaces de facer fronte o estrés da vida, traballar de xeito frutífero e contribuír a súa comunidade. A saúde mental é unha materia de interese para todos e non só para aqueles afectados por un trastorno mental.
 
Os cambios sociais rápidos, as condicións de traballo estresantes, a discriminación de xénero, a exclusión social, os estilos de vida pouco saudables, o baixo nivel educativo, a violencia e a mala saúde física son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais.
 
Tamén hai factores da personalidade e psicolóxicos así como condicionantes biolóxicos e xenéticos que fan que unhas persoas sexan máis vulnerables que outras a padecer un trastorno mental. Pero o máis importante é que existen estratexias e intervencións intersectoriais eficaces e rendibles de promoción, protección e restablecemento da saúde mental.
 
cerbro_logoweb_PGSM.png
 
Os suicidios e os intentos de suicidio afectan non só ás persoas, senón tamén ás familias, as comunidades e as sociedades. Os factores de risco asociados ao suicidio, como a perda laboral ou financeira, o trauma ou o abuso, os trastornos mentais e por uso de substancias e as barreiras para acceder á atención médica, ampliáronse aínda máis coa COVID-19.
 
O suicidio pódese previr. As principais medidas de prevención do suicidio baseadas en probas inclúen restrinxir o acceso aos medios para o suicidio, políticas de saúde mental e redución do alcol, e promover a información mediática responsable sobre o suicidio.
 
O estigma social e a falta de conciencia seguen sendo os principais obstáculos para a procura de axuda para o suicidio, o que pon de relevo a necesidade de campañas de alfabetización en saúde mental e contra o estigma.



Escoite sen xulgar e ofreza o seu apoio (falar sobre os pensamentos relacionados con quitarse a vida non causa o suicidio)

 
 
 





Anímea a buscar axuda profesional

 
 
 





Quede coa persona que cre que está en perigo inmediato

 



​​​Para máis información:

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020