Únete ao reto Inspira Saúde en Galicia

Tiempo estimado de lectura: 1 min

O día 31 de maio presentouse o Plan Inspira Saúde de Galicia 2023-2027, o plan galego de actuación multidisciplinar en tabaquismo.

Queremos que este plan supoña un punto de inflexión na loita contra o tabaquismo en Galicia.

Para empezar con forza propoñemos un reto: deixar de fumar coa axuda da Consellería de Sanidade.

Para unirte soamente deber deixar os teus datos de contacto no seguinte cuestionario: http://enquisas.xunta.gal/index.php/534365?lang=gl

Desde a Consellería de Sanidade contactaremos contigo para axudarte no proceso de cesación.

O obxectivo é poder chegar ao Día galego sen tabaco, o 31 de outubro, co maior número de persoas que conseguiron deixar de fumar na última década.

ANÍMATE, ÚNETE AO RETO

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020