Paso a paso, chanzo a chanzo, coida a túa saúde

28 de Xuño de 2022
Tempo estimado de lectura: 2 min

Sinalización dirixida á sensibilización do persoal sobre a importancia para a saúde da actividade física. Consiste no marcaxe dos puntos de toma de decisión, fomentando o uso de corredores e escaleiras, incitando ao persoal a elixir a opción máis saudable, e reforzando positivamente esta decisión.
 
A estratexia de comunicación visual consta de 4 niveis: ​​​​
  • Nivel I: carteis nas portas dos ascensores que informan sobre a campaña.
  • Nivel II: carteis no chan cos pasos ao pé do ascensor que motivan ao uso de corredores e escaleiras.
  • Nivel III: mensaxes nos frontais dos chanzos que reforzan a decisión saudable.
  • Nivel IV: carteis nos corredores coas mensaxes que fortalecen a decisión de camiñar.​
​En conxunto, os catro niveis de sinalización informan sobre a relación entre camiñar e subir-baixar chanzos coa saúde.
 
Obxectivos aos que contribúe:
  • Aumentar a actividade física e reducir o comportamento sedentario do persoal da Xunta de Galicia, contribuíndo a que acaden as recomendacións de actividade física formulados pola OMS e reduzan o seu nivel de sedentarismo.
  • Desenvolver habilidades e responsabilidades persoais relacionadas ca xestión da saúde, o autocoidado e o desenvolvemento persoal.
 
Paso a paso.jpg 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020