Rede galega de Parques sen fume

Tempo estimado de lectura: 3 min 30 sg
 
A Organización Mundial da Saúde (OMS), establece o consumo de tabaco como a primeira causa de mortalidade evitable e confirma como perigosa para a saúde calquera nivel de exposición pasiva do fume de tabaco.
 
Neste sentido, é moi importante conseguir a desnormalización do consumo de tabaco na nosa sociedade. O programa galego de promoción dunha vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública, vixente dende o año 1993, é o marco idóneo para encadrar todas as actividades realizadas con este fin.
 
A creación de espazos sen fume ao aire libre, e a súa extensión a diferentes ámbitos, teñen un fin educativo e de sensibilización social. Ampliar a limitación do consumo a lugares que non están recollidos na normativa actual, fainos avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, co obxectivo de converter estes contornos en educativos e preventivos.
 
No ano 2016 creouse a rede galega de praias sen fume, sendo unha iniciativa pioneira a nivel estatal, o que nos fixo referentes na creación de espazos sen fume ao aire libre non regulados pola normativa vixente. No ano 2018 realizouse a extensión aos portos deportivos e actualmente estase desenvolvendo a Rede galega de parques sen fume que agora presentamos.
 
Obxectivos:
Os obxectivos desta iniciativa son compartidos por todas as redes que se van implantando na nosa comunidade:
  • Promocionar unha vida sen tabaco.
  • Desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade
  • Reforzar o papel modélico positivo dos pais/nais
  • Promover contornos que respecten e coiden o medio ambiente
 
Compromisos da participación:
Pertencer á rede compromete ao concello a:
  • Identificar e sinalizar os parques cos materiais da rede. O deseño será facilitado pola Dirección xeral de Saúde Pública (DXSP). A todos os concellos que se incorporen a esta iniciativa se lles facilitará de forma gratuita a sinalización dun parque.
  • Difundir entre a poboación, os folletos informativos e de sensibilización facilitados pola DXSP
  • Desenvolver no concello actividades ou accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco.
  • Realizar actividades para sensibilizar a sociedade dos beneficios de vivir sen tabaco.
 
Acreditación:
A participación na Rede de parques sen fume, é voluntaria e enmárcase en tres niveis ou categorías:
  • Membro ou socio colaborador. Ter declarado algún parque sen fume.
  • Categoría de prata. Ter declarados sen fume o 50% ou máis do seus parques.
  • Categoría de ouro. Ter declarados sen fume todos os parques do concello.

 

parques sen fume.jpg

 

Para mais información, prema nos seguintes enlaces:
 

Listaxe de parques sen fume

Formulario de solicitude de participación

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020