Ciclo de webinars: novembro coa parentalidade positiva

9 de Novembro de 2022
Durante este mes de novembro, a Escola Galega de Saúde Pública organiza unha serie de Webinars enfocados no exercicio dunha parentalidade responsable e sa, que atenda ás necesidades psicolóxicas e emocionais de todos os membros da familia.
 
Conectaremos coas familias a través de tres sesións retransmitidas en directo onde se poderán compartir e resolver todas as dúbidas que xurdan, da man de psicólogas expertas en materia de parentalidade positiva.
 
Tamén podes enviarnos as túas dúbidas a Vida.Saudable.Eps@sergas.es
 
 

22 Novembro 2022

19:00 – 19:30 horas.

“A parentalidade positiva e a potenciación do vínculo”

A elección dunha mirada apreciativa sobre as capacidades e habilidades das persoas coidadoras é o mellor contexto para acompañar ás familias no proceso de xerar un vínculo seguro coas persoas menores de idade.

RELATORA: Yudit González Núñez. Psicóloga. Coordinadora do Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños. Ourense

Se queres volver ver a webinar, fai clic aquí

24 Novembro 2022

19:00 – 19:30 horas.

“A aprendizaxe e o xogo nos procesos de crianza”

Nesta sesión reflexionaremos sobre a importancia do xogo no desenvolvemento durante a infancia, os diferentes tipos de xogo e as áeas de aprendizaxe que reflicten os seus beneficios. O xogo é algo moi serio. Non podemos medrar sen xogar.

RELATORA: Yudit González Núñez. Psicóloga. Coordinadora do Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños. Ourense

Se queres volver a ver a webinar, fai clic aquí

 
 
 

29 Novembro 2022

19:00 – 19:30 horas.

“O desenvolvemento psicolóxico e emocional do ser humano na etapa prenatal e perinatal"

Neste webinar falaremos da importancia da etapa perinatal (pre-concepción, embarazo, parto e posparto) dende unha perspectiva de coidado e benestar psicolóxico e emocional. Afrontar os cambios que supón a maternidade e paternidade, as necesidades de nais, parella e bebé a saúde mental neste periodo; e como potenciar o vencello co bebé para garantir o benestar integral desde o inicio da vida.

RELATORA. Natalia Guedella Sebastián. Psicológa especializada en psicología perinatal e técnica do programa de atención perinatal da Fundación Meniños

Se queres volver a ver a webinar, fai clic aquí

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020