Que é a REGAPS?

Regaps plan obesidade zero Galicia 

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) é unha organización dependente da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables, que se crea a raíz do Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030, co fin de potenciar todas aquelas estratexias locais que melloren a saúde da poboación.

Cales son os nosos obxectivos?

  • Promover estilos de vida saudables na poboación galega.
  • Establecer un nexo de unión entre todos os actores relacionados coa promoción da saúde no ámbito local.
  • Analizar a situación en cada territorio galego para optimizar os recursos existentes, levar a cabo boas prácticas e implementar accións para a mellora da saúde da comunidade.
  • Elaborar un mapa de recursos e actividades comunitarias a través da plataforma Atopa Saúde.
  • Desenvolver liñas estratéxicas do Plan Obesidade Zero en Galicia.
  

Que permite adherirse a REGAPS?

  • Participar nun marco común de traballo compartido con outras entidades para beneficiarse de todas as boas prácticas e a experiencia acumulada, co fin de avanzar na promoción de saúde a nivel local.
  • Recibir propostas de programas e actividades dirixidas a fomentar e conseguir unha poboación máis saudable no ámbito político, educativo, social e sanitario.
  • Dispor dun informe de situación do municipio e mapa de activos para a saúde a través da plataforma Atopa Saúde. Accede á ferramenta nesta ligazón.
  • Recibir formación, capacitación, asesoramento e apoio técnico en materia de promoción da saúde mediante cursos, xornadas e actividades
  • Garantir a difusión e a potenciación das distintas actividades e intervencións comunitarias ofertadas por cada entidade
  • Facilitar a adhesión a outras redes co fin de obter financiamento para levar a cabo actuacións que promovan contornos saudables
  • Establecer unha rede de saúde no municipio que permita xerar un marco de traballo participativo entre todos os actores relacionados coa promoción da saúde na comunidade
  • Conseguir a inclusión en plataformas en liña como entidade comprometida coa promoción da saúde

Que necesito facer para adherirme a REGAPS?

  • Designar un representante para establecer unha canle de comunicación directa co equipo da REGAPS.
  • Colaborar coa REGAPS para levar a cabo iniciativas de promoción da saúde.
  • Remitir o formulario de adhesión cos datos de contacto.



Acceso ao formulario


Unha vez completado o formulario, o equipo de responsables de área poñerase en contacto con vostede.

Pode consultar os organismos adheridos á rede premendo aquí.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020