Educación alimentaria no fogar

17 de Xuño de 2020
Tempo estimado de lectura: 3 min

Os tres pasos para acadar hábitos alimentarios saudables en familia
  • Establecer un modelo familiar saudable
O modelo educativo dos adultos no fogar implica que os coidadores permanezan atentos ás necesidades e sinais dos máis pequenos, fagan escollas saudables e respondan con sensibilidade e de xeito oportuno as súas necesidades.
Un control por parte dos adultos demasiado estrito ou excesivamente permisivo, presenta unha asociación directa coa achega non adecuada de alimentos. De feito, tanto a presión excesiva que forza a consumir alimentos saudables coma unha restrición absoluta para alimentos ricos en calorías, induce a longo prazo unha achega máis elevada de enerxía.
  • Compartir e implicar ao grupo familiar nas decisións alimentarias
Hoxe prepáranse menos comidas no fogar e menos como grupo familiar, o que favorece a perda de oportunidades para modelar e supervisar a comida infantil. A perda de habilidades culinarias, os preparados listos para tomar a calquera hora e o consumo individualizado poden inducir hábitos inadecuados. De feito, os expertos aconsellan as comidas en familia como un importante ritual diario que favorece a adquisición de hábitos alimentarios correctos. Por isto, sempre que se poida, aconséllase compartir as comidas e as tarefas relacionadas coa compra e a cociña, buscando a “familiaride” e a aceptación definitiva de alimentos por parte dos rapaces. Como exemplo, na guía ilustrada da Dieta Mediterránea, aparece a mesa familiar na base da pirámide como exemplo dunha boa práctica.
  • Respectar a capacidade natural de regular o apetito e evitar a sobrealimentación
Por último, a sobrealimentación e o consumo ilimitado de alimentos en calquera momento e lugar vai en contraposición coa capacidade natural de compensación e de regulación da achega alimentaria nas primeiras etapas da vida. En esta circunstancia, os coidadores deben ser capaces de respectar e favorecer dita capacidade para regular a achega, presente dun xeito natural na primeira infancia e que pouco a pouco vai minguando coa idade. O estímulo continuo ao consumo de alimentos, mesmo en ausencia de fame, os alimentos como premios ou como provedores de satisfaccións inmediatas e os contornos “opulentos” favorecen a obesidade infantil. Este estilo de crianza e cada vez máis frecuente na actualidade.
 
EXERCICIO_01.png 
 
​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020