Depresión na infancia e adolescencia

EXERCICIO_01.png 
 

A depresión é un dos trastornos mentais máis frecuentes. O descoñecemento sobre a depresión na infancia e adolescencia e a falta de comunicación aberta sobre este tema fan que a xente nova que necesita tratamento ou as súas familias non busquen axuda.

A depresión xa deixou de ser unha enfermidade só de adultos. Actualmente cada vez hai máis nenos/as diagnosticados/as con trastornos depresivos. Os síntomas de depresión varían segundo a personalidade do neno ou da nena e a etapa de desenvolvemento na que se atopa.

A depresión infanto-xuvenil, a diferenza dos adultos, non se manifesta tanto como un estado de ánimo alterado que o paciente identifica claramente, senón como un conxunto de síntomas variables en función do estado evolutivo. Estos síntomas abarcan desde apatía, irritabilidade, tristeza persistente, alteracións conductuales (condutas delituosas, agresividade, consumo de tóxicos), ata atraso do desenvolvemento psicomotor, diminución do rendemento escolar ou aparición de síntomas somáticos (dor de cabeza, dor de estómago...), o que dificulta o diagnóstico.  

 

Hai distintos grados de depresión:

Depresión leve con poucos síntomas que afectan á vida cotiá de forma parcial o soamente nalgún aspecto específico.

Depresión moderada ou grave (maior) defínese pola persistencia dun estado de ánimo depresivo ou irritable mantido en case todas as actividades, a maior parte do tempo, durante polo menos dúas semanas. Frecuentemente este estado de ánimo queda enmascarado por outras manifestacións.

A depresión maior na infancia e na adolescencia é un trastorno que representa un importante problema de saúde pública, cun gran impacto persoal e familiar, e é un dos principais factores de risco de suicidio en adolescentes.

A pesar da súa relevancia, é un trastorno infradiagnosticado nestas idades, isto tradúcese en maior número de complicacións e trastornos asociados, así como nun aumento do risco de cronicidade ou da aparición de enfermidades psiquiátricas na idade adulta.

O diagnóstico de depresión maior é clínico, sen que ningunha proba complementaria ou cuestionario por si sós poidan utilizarse de forma fiable para realizar un diagnóstico individual.

O principal método de avaliación é a entrevista co paciente e os seus pais ou conviventes, con maior peso da información dos pais nos pacientes de menor idade, pero sendo particularmente importante a información achegada polo paciente, e con máis motivo canto maior é a súa idade (en nenos/as maiores e adolescentes é aconsellable a entrevista individual).

Lembra, ante calquera signo de alarma ou dúbida, consulta co especialista.

133-imaxe-depresion-infancia-galego.png 
 
INFOGRAFÍA:  Prema aquí​
 

icon03.pngINFORMACIÓN RECOMENDADA:

  • Depresión en la infancia y adolescencia. Información para el paciente, familiares y personas interesadas. Guía sobre a depresión (trastorno depresivo maior) na infancia e a adolescencia, comprende a depresión leve, moderada e grave proporcionando información e axuda útil. Elaborada polo Grupo de traballo da actualización da Guía de Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e a Adolescencia, que coordinou a Unidade de Asesoramento Científico-técnico (Avalia-t), da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde (ACIS) e financiada polo Ministerio de Sanidade.
    Dispoñible nesta ligazón
  • Trastornos del comportamiento de niños y adolescentes. Guía práctica para padres.  Hospital Infantil Universitario Niño Jesús có patrocinio do Banco de Santander. Serve de axuda para detectar os trastornos do comportamento máis frecuentes na infancia e na adolescencia. Dispoñible nesta ligazón
  • Urxencias Sanitarias de Galicia, Teléfono 061 · Teléfono 112
  • Teléfono de la Esperanza: 717 003 717 (Atención de crisis) · 902 500 002 (General)​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020