Beneficios da actividade física na infancia

Tempo estimado de lectura: 4 min

A infancia é unha etapa de especial importancia, xa que durante esta, adquírense coñecementos e percibense comportamentos no medio que van configurando crenzas, actitudes e expectativas da conduta futura. Ademais, é unha etapa crucial para evitar a adopción de hábitos nocivos e promover aqueles que favorecen unha vida saudable.
  
A actividade física realizada diariamente desde idades temperás, promove a saúde e unha adecuada forma física na poboación infantil, achegando beneficios físicos e benestar emocional, a curto e longo prazo.
 
Ser activo fisicamente durante a infancia non só é importante para a saúde dese período vital, senón tamén para manter unha boa saúde durante todo o curso da vida. A realización de actividade física na infancia fará que nenos e nenas se sintan competentes nas súas habilidades físicas e, probablemente, fará que sexan máis activos durante a idade adulta.
 
73.jpg 
 
Resumo dos principais beneficios da actividade física na infancia e a adolescencia

Beneficios para a saúde durante a infancia ​
  • Mellora e mantemento da forma física.
  • Mantemento do equilibrio de enerxía e prevención do sobrepeso e a obesidade.
  • Promoción do crecemento e o desenvolvemento saudables dos sistemas cardiovascular e músculo esquelético.
  • Redución dos factores de risco relativos a:edución dos factores de risco relativos a:
  • Enfermidades cardiovasculares.
    • Diabetes Mellitus tipo 2.
    • Hipertensión.
    • Hipercolesterolemia
  • Mellora da saúde mental e do benestar psicolóxico a través de:
    • A redución da ansiedade e a tensión.
    • A redución da depresión.
    • A mellora da autoestima.
    • A mellora da función cognitiva.
  • Mellora das interaccións sociais: ofrece oportunidades de socialización e aprendizaxe de habilidades.
  • Aumenta a concentración contribuíndo a obter mellores resultados académicos.
  • Mellora as habilidades motoras, a postura e o equilibrio.
Mellora da saúde durante a idade adulta
  • ​​ ​Diminúe o desenvolvemento de factores de risco asociados a enfermidades crónicas na vida adulta como enfermidades do corazón, hipertensión, diabetes tipo 2, Colesterol elevado), obesidade e osteoporose, xa que moitos destes factores poden desenvolverse nas primeiras etapas da vida.
  • Redución da probabilidade de converterse nunha persoa obesa durante a idade adulta.
  • Redución da morbilidade e da mortalidade derivadas de enfermidades crónicas na idade adulta.
  • Mellora da masa ósea, reducindo a probabilidade de padecer osteoporose en etapas posteriores da vida.ellora da masa ósea, reducindo a probabilidade de padecer osteoporose en etapas posteriores da vida.
Establecemento de modelos de actividade física durante toda a vida ​​
Incremento das probabilidades de convertirse nunha persoa adulta activa, con todos os beneficios que iso conleva para a saúde, a calidade de vida e o benestar xeral. ​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020