O comportamento sedentario na infancia e adolescencia

Recomendacións para previr o comportamento sedentario

compostamiento_sedentario.jpg

En comparación con pais e avós, os nenos e nenas de hoxe en día pasan cada vez máis tempo en contornas que, ademais de limitar a actividade física, esixen estar sentados durante longos períodos de tempo. As escolas, os fogares e os espazos públicos, foron (e continúan sendo) deseñados de maneira que minimizan o movemento humano e a actividade muscular.

Estes e outros cambios teñen un dobre efecto no comportamento humano: os nenos e nenas móvense menos e dedican máis tempo a actividades sedentarias como usar o computador, visualizar pantallas, estar sentados, actividades escolares sedentarias, etc.

Os comportamentos sedentarios foron considerados como un problema de saúde pública porque afectan, negativamente, ao desenvolvemento de nenos e nenas, teñen efectos negativos sobre a súa saúde presente e futura e son altamente prevalentes nas sociedades actuais.

En xeral, o comportamento sedentario refírese a calquera comportamento de vixilia caracterizado por un gasto de enerxía moi baixo como o que se produce cando  os nenos están sentados, reclinados ou deitados.

Os pais, nais ou titores xogan un papel de vital importancia na redución dos tempos sedentarios dos seus fillos. Ao facelo, axudan a sentar unha base importante para a adquisición dun estilo de vida minimamente sedentario, promovendo así, un desenvolvemento normal e a saúde dos seus fillos.

Reducindo o tempo sedentario dos nosos nenos e nenas, estamos a contribuíndo a:

  1. Mellorar a forma física e manter un peso saudable
  2. Facilitar un maior desenvolvemento de habilidades sociais
  3. Mellorar a aprendizaxe e a atención, o comportamento e o rendemento escolar
  4. Mellorar as habilidades da linguaxe
  5. Mellorar a autoestima
  6. Ao non pasar tanto tempo sentados, na casa ou xogando sós con tabletas, consolas ou outras pantallas, teñen máis tempo para divertirse coas súas amigas ou amigos e para aprender novas habilidades

A continuación expóñense as recomendacións de comportamento e tempo de pantalla para a poboación de 0 a 17 anos.

Táboa recomendacións.jpg 
 
Bibliografía 
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. (2015). Actividad física para la salud y reducción del sedentarismo. Recomendaciones para la población. 
​​​​​​​​
CONTIDOS RELACIONADOS
Tipos de actividade física

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020