Health4EUKids

Tempo estimado de lectura: 2 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
Proxecto europeo “Health4EUKids” sobre obesidade infantil 

Proxecto europeo “Health4EUKids” sobre obesidade infantil

O aumento de sobrepeso e obesidade infantil, cos seus factores de risco asociados, evidencia a necesidade de poñer en marcha programas de prevención de obesidade e promoción de estilos de vida saudables.

”Health4EUkids”, é un proxecto europeo que ten como obxectivo a implementación dunha serie de boas prácticas no ámbito da promoción da saúde e prevención de enfermidades non transmisibles. A boa práctica a desenvolver, “Grünau Moves”, deseñada e aplicada en Leipzig (Alemaña) en Grünau, o barrio do que toma o seu nome, busca adoptar medidas integradas nunha variedade de áreas políticas mediante unha acción intersectorial, participativa e con perspectiva de equidade para crear contornas máis saudables que reduzan a obesidade infantil e melloren os hábitos de vida da comunidade.

A Consellería de Sanidade a través da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudable da Dirección Xeral de Saúde Pública, colabora co proxecto onda outras 7 entidades a nivel estatal e outros 11 países europeos. Health4EUkids está liderado a nivel europeo por Grecia e a nivel estatal pola Fundación Fisabio da Comunidade Valenciana. Este proxecto englóbase nas accións desenvolvidas pola Consellería de Sanidade a través do plan de Obesidade Zero que busca a redución da obesidade na poboación galega mediante o establecemento duns hábitos de vida saudable.

Coa participación do municipio de Ponteareas, acordada na reunión realizada entre representantes do goberno municipal e a Consellería de Sanidade en 2023, constituíuse un grupo de traballo multidisciplinar e participativo que leva a cabo unha análise da situación actual do municipio en materia de promoción de saúde. Ademais, constituíuse unha rede de saúde formada por diferentes representantes dos sectores do municipio, educación, sanidade, tecido asociativo, veciñanza etc. As accións desenvolvidas favorecerán unha contorna saudable que repercutirá tanto na saúde dos nenos como na totalidade da comunidade e que permitirán a capacitación da poboación en promoción de saúde.

Health4EUKids decoración  
​​​​​​​​​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020