Calendario de vacinación infantil

Tempo estimado de lectura: 1 min 15 sg
 
 
Aínda que xa sabemos que a vacinación é importante ao longo de toda a vida, o que si é certo é que a vacinación na idade infantil é especialmente importante xa que é máis vulnerable ás enfermidades e o seu sistema inmune está menos desenvolvido. Nesta etapa infantil é cando se poñen máis vacinas xa que é importante que se protexa, en moitas ocasións, para o resto da sua vida.
 
Que é o calendario de vacinación infantil?
É un documento que inclúe as vacinas que se recomendan en función da idade a toda a poboación infantil. É unha ferramenta de saúde pública que serve tanto aos profesionais sanitarios como ás familias para recordarlles, en todo momento, que vacinas se deben administrar e en que momento. É posible que se o neno ou a nena ten circunstancias especiais sexa necesario modificar este calendario ou engadir outras vacinas, pero sempre a criterio do profesional sanitario.
 
 
Coidamecoidate calendario vacunación 2022.JPGCalendario vacunación 2022.JPG
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020