Protéxete! Defensas, nutrientes e alimentos

Tempo estimado de lectura: 8 min
 
 
No momento actual, o interese pola nutrición e a dieta en relación coa inmunidade aumentou, o que posiblemente e de forma paralela contribuiu a xerar tamén certa confusión neste tema.
  
É preciso lembrar que ningún alimento ou suplemento pode protexer fronte a unha enfermidade como a Covid-19.
 
Sen embargo, é importante saber que son moitos os nutrientes que inflúen en alcanzar unha óptima resposta inmune fronte ás agresións externas. Neste artigo, comentarémolo.
 
​O sistema inmunitario é unha rede complexa de células e compostos químicos (as famosas "defensas") que axudan a defender ao organismo fronte a axentes estraños. Os leucocitos e os linfocitos T e B son algunhas delas.
  
Cando o organismo detecta substancias estrañas que o invaden (chamadas "antíxenos"), o sistema inmunitario traballa para recoñecelas e eliminalas. Os linfocitos B, auténticos "soldados", encárganse de fabricar os "anticorpos" que localizan e inmobilizan aos "antíxenos" (agresores externos). Despois da infección aguda, os anticorpos permanecen no organismo e se o "antíxeno" volve entrar, recoñecerase ao "antigo inimigo" e volverase a loitar contra el. As vacinas baséanse neste principio. Introdúcese no organismo un "antíxeno" non perigoso para o individuo, pero capaz de inducir a produción de anticorpos que os protexerá de futuros ataques por parte do xerme causante desa enfermidade.
 
Dita protección chámase inmunidade. Moitos nutrientes diferentes, presentes nunha ampla gama de alimentos, están involucrados no apoio ao bo funcionamento do noso sistema inmunitario.
 
Non temos evidencia de que os suplementos de vitaminas e minerais poidan previr ou tratar infeccións virais. Lembra sempre que unha dieta saudable é a que achega moitos e variados nutrientes e compostos activos, e que a acción conxunta de todos eles é a que permite un bo estado nutricional. A Vitamina A, a poia ás ás células T para identificar os organismos patóxenos.
 
  • Vitamina A
    • Papel no sistema inmunitario: apoia ás células T para identificar os organismos patóxenos.
    • Fontes alimentarias: Fígado, leite enteiro e queixo (son fontes de retinol, precursor da vitamina A), vexetais de folla verde e cor laranxa: cenorias, batata, cabaza, melón e papaia (son fontes dietéticas de carotenoides que posteriormente se transforman en vitamina A)
 
queso.jpg      melón.jpg      calabaza.jpg
 
  • Vitamina B6 
    • Papel no sistema inmunitario: Axuda a producir novas células inmunes, e a estas a comunicarse entre si.
    • Fontes alimentarias: Aves de curral, peixe, xema de ovo, algunhas froitas e verduras (como plátano, aguacate e pemento verde). Soia, sementes de sésamo cereais fortificados, extracto de fermento.
yema huevo.jpg      Platano.jpg      Aguacate.jpg
 
  • Vitamina B12
    • Papel no sistema inmunitario: Axuda a producir novas células inmunes.
    • Fontes alimentarias: Carne, fígado, peixe, marisco, leite, queixo, ovos.
 
​​marisco.jpg      Leches.jpg      sardinass.jpg
 
  • Vitamina C
    • Papel no sistema inmunitario: Axuda ás células inmunes a atacar aos patógenos, a eliminar as células alteradas do sitio da infección e ao mantemento da nosa pel, barreira externa contra a infección.
    • Fontes alimentarias: Cítricos, grosellas negras, amorodos, papaia, kiwi, vexetais verdes, pementos e tomates.
 
limones.jpg      tomatess.jpg      kiwi.jpg
 
  • Cobre
    • Papel no sistema inmunitario: Axuda a protexer e alimentar as células inmunes
    • Fontes alimentarias: Pan, cereais, arroz, quinoa, carne, peixe, mariscos, legumes, aguacate, froitos secos, noces e sementes.
 
arroz.jpg      nueces.jpg      legumbres.jpg
 
  • Vitamina D
    • Papel no sistema inmunitario: Aínda que o papel non está claro, un status baixo de vitamina D está asociado a unha reducida resposta inmune
    • Fontes alimentarias: Peixe graxo, ovos, cereais e lácteos fortificados. Como se sintetiza na pel coa radiación solar, recoméndase polo menos uns 15 minutos de exposición ao día en algures do noso corpo como a cara ou as mans. Os suplementos de vitamina D deben ser valorados polo profesional sanitario.

 

salmon.jpg      huevos.jpg      calcio.jpg

  • Folato
    • Papel no sistema inmunitario: Axudan a producir novas células inmunes
    • Fontes alimentarias: Vexetais verdes, legumes, laranxas, framboesas, noces, queixos, pan e cereais fortificados.

 

frambuesas.jpg   naranjas.jpg      nuecess.jpg
 
  • Ferro
    • Papel no sistema inmunitario: Axuda a manter a saúde das células inmunes
    • Fontes alimentarias: Carnes vermellas, legumes, noces, peixes (sardiñas, ameixas, mexillóns, bonito), quinoa, pan integral e froitos secos.
 
chuleta.jpg      Almejas.jpg     atún.jpg

  
  • Selenio 
    • Papel no sistema inmunitario: Axuda a producir novas células inmunes e pode axudar a fortalecer a resposta á infección
    • Fontes alimentarias: Noces, anacardos e sementes (p. ex. pipas de xirasol), ovos, peixes e mariscos.

 

anacardos.jpg      pipas.jpg      cangrejo.jpg

 

  • Cinc
    • Papel no sistema inmunitario.Axuda a producir novas células inmunes, axuda a desenvolver células que destrúen aos axentes agresores e a mellorar o sistema de comunicación entre células defensivas
    • Fontes alimentarias Carne, polo, queixo, algúns mariscos (incluídos cangrexo, berberechos e mexillóns), noces e sementes (en particular sementes de cabaza e piñóns), cereais integrais fortificados e pans integrais e de sementes.​​ ​​​
berberechos.jpg      piñones.jpg      pollo.jpg
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020