O poder nutricional do leite

23 de Decembro de 2020
Tempo estimado de lectura: 3 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
O poder nutricional do leite 

O leite é un dos alimentos de orixe animal máis valorado na nosa sociedade grazas o seu elevado contido en nutrientes, que proporcionan efectos beneficiosos para a saúde, sobre todo nas primeiras etapas de crecemento.

Os produtos lácteos destacan polo seu elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico e por ser unha fonte de calcio e vitaminas.

A importancia do consumo de leite e os seus beneficios

  • O leite é unha fonte de proteínas de alto valor biolóxico. Ademais, o seu contido no aminoácido lisina é un complemento perfecto para combinalo cos cereais, xa que carecen deste elemento, mellorando o valor total da proteína que consumes.
  • As proteínas lácteas teñen propiedades como o efecto hipotensor (reducción da presión arterial), propiedades antimicrobianas ou substratos da proteína muscular.
  • O principal hidrato de carbono presente no leite é a lactosa, que favorece a absorción do calcio, especialmente en persoas con dificultades na absorción de nutrientes.
  • É promotor da flora intestinal nos nenos que se alimentan de leite materno, actuando como defensor da mucosa intestinal contra microorganismos.
  • A graxa láctea contén ácidos graxos de fácil absorción, o que supón unha fonte de enerxía inmediata e presentan unha baixa tendencia a ser almacenados no tecido adiposo.
  • A graxa láctea ten asociados outros beneficios para a saúde como os beneficios metabólicos, antimicrobianos e antivirais.
  • Os lácteos son ricos en minerais como o calcio, o fósforo, magnesio, zinc e potasio.
  • O calcio, presente nos lácteos, é fundamental para o crecemento e o desenvolvemento nas primeiras etapas de vida, contribuíndo nunha saúde óptima do esqueleto e a unha maior densidade mineral ósea en idades máis avanzadas.

Ademais o World Cancer Research Found e o American Institute for Cancer Researche afirman que o consumo habitual de leite ten un efecto protector fronte o cancro colorectal (evidencia probable) e fronte o cancro de vexiga (evidencia limitada).

leite nutrición  

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020