Segundos que salvan vidas. Limpa as túas mans!

Tempo estimado de lectura: 7 min
 
Hoxe 5 de maio celébrase o Día Mundial da Hixiene de Mans no marco da campaña liderada pola Organización Mundial da Salud (OMS) Salva vidas! Limpa as mans!
 
No ano 2021 e desde que comenzou a pandemia ocasionada polo virus SARS-CoV2, a hixiene de mans converteuse nunha medida preventiva habitual e esencial fronte á propagación da Covid 19 e demostrou unha clara efectividade na prevención de contaxios tanto na poboación como nos profesionais sanitarios.
 
Con esta campaña a OMS fai un chamamento específico á acción dos traballadores da saúde, co fin de que a hixiene de mans estea sempre presente no punto de atención; aos responsables das políticas sanitaria, para que garantan que a hixiene de mans sexa posible para todos; aos pacientes e familiares e á cidadanía para que convertan a hixiene de mans nun hábito que nos protexa a todos.
 

Baixo o lema “Segundos que salvan vidas. Limpa as túas mans”, a Consellería de Sanidade únese a esta campaña de concienciación levando a cabo actividades en todas as áreas sanitarias dirixidas aos profesionais sanitarios e a cidadanía. Dentro das actividades dirixidas aos profesionais sanitarios promoverase o acceso ás webinars da OMS, realizaranse demostracións con soluciones marcadoras sobre a eficacia de la hixiene de mans e sesións formativas intraunidade sobre as técnicas, os momentos de aplicación e o adecuado uso de luvas, entre outras.

 
 
Realizaranse tamén actividades destinadas aos máis pequenos que incluirán a elaboración dun mural na escola do hospital Álvaro Cunqueiro coa participación dos meniños ingresados ou un concurso de debuxos que se levará a cabo na área sanitaria de Ferrol.
 
Habilitaranse tamén nas entradas principais dos hospitais e nalgúns centros de saúde mesas informativas nas que se ofrecerá ás persoas que así o desexen a posibilidade de cotexar o resultado da súa práctica de hixiene de mans mediante unha lámpada ultravioleta de demostración, comparando o antes e o despois.
 
 
Pero, qué é a hixiene de mans?
 
 
hixienedemans.png
 
Na túa vida diaria, sabes cando debes lavar as mans?
  • Antes e despois de atender a alguén que estea enfermo​
  • Antes, durante e despois de preparar alimentos
  • Antes de comer
  • Antes e despois de tratar feridas ou cortes
  • Despois de ir ao baño
  • Despois de soarse o nariz, tusir ou esbirrar
  • Despois de tocar un animal, comida para animais, gaiolas ou excrementos de animais.
  • Despois de usar o transporte público
  • Despois de tocar o lixo ​
 
Se non dispós de auga e xabón, usa un desinfectante de mans que conteña ao menos un 60 % de alcohol. Cubre toda a superficie das mans e frega ata que as sintas secas. Evita tocarte os ollos, o nariz e a boca sen antes lavar as mans.​
 
Segues os pasos para a correcta hixiene de mans?​ ​​
  • Se utilizas un produto de base alcohólica, deposita a solución sobre as mans secas e frega ata que estean completamente secas ou durante, ao menos, 15 segundos, do xeito que che indicamos:
    • Frega as palmas das mans entre si e entrelazando os dedos​​
    • Frega cada palma contra o dorso da outra man e entrelazando os dedos
    • Frega as puntas dos dedos, arredor dos polgares e os pulsos
    • Deixa que a solución se seque soa
  • Se empregas agua e xabón, molla as mans, deposita nas palmas unha cantidade de xabón suficiente e frega as mans durante 15 segundos, da seguinte maneira:
tecnicadelavadodemans.png
 

 

 

Recorda que evitarás prexudicar a pel das mans si ao final do proceso están perfectamente secas.

Non esquezas que as luvas en ningún caso substitúen á hixiene de mans.

 

Se es profesional sanitario, coñeces os 5 momentos para a hixiene de mans?

 

5pasoshixienemans.png

 

 

 

  • Antes do contacto co paciente
    • Cando? Hixienice as mans cando se achegue a un paciente e antes de tocalo.
    • Porqué? Para protexer o paciente dos xermes daniños que ten vostede nas mans.

 

  • Antes de realizar unha tarefa aséptica
    • Cando? Hixienice as mans inmediatamente antes de realizar unha tarefa aséptica (manipular un catéter, facer unha cura...).
    • Porqué? Para protexer o paciente dos xermes daniños que poderían entrar no seu corpo, incluídos os xermes do propio paciente.

 

  • Despois da exposición a fluídos orgánicos
    • Cando? Hixienice as mans inmediatamente despois da exposición a fluídos orgánicos do paciente (despois de quitar as luvas).
    • Porqué? Para protexerse e protexer o ámbito de atención sanitaria dos xermes daniños do paciente.
 
  • Despois do contacto co pacientes
    • Cando? Hixienice as mans despois de tocar un paciente, cando deixe a cabeceira da cama do paciente.
    • Porqué? Para protexerse e protexer o ámbito de atención sanitaria dos xermes daniños do paciente.
 
  • Despois do contacto co pacientes
    • Cando? Hixienice as mans despois de tocar un paciente, cando deixe a cabeceira da cama do paciente.
    • Porqué? Para protexerse e protexer o ámbito de atención sanitaria dos xermes daniños do paciente.
 
  • Despois do contacto cos obxectos inanimados do ámbito inmediato do paciente
    • Cando? Hixienice as mans despois de tocar calquera obxecto inanimado (equipo médico, mesiña de noite, roupa de cama...) situado no ámbito inmediato do paciente, cando deixe a cabeceira do paciente (aínda que non tocase directamente o paciente). Para protexerse e protexer o ámbito de atención sanitaria dos xermes daniños do paciente.
    • Porqué? Para protexerse e protexer o ámbito de atención sanitaria dos xermes daniños do paciente

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020