Vacinación no embarazo e a lactación

24 de Xaneiro de 2020
Tempo estimado de lectura: 5 min

Mulleres en idade fértil
Todas as mulleres en idade fértil deberían ter administradas todas as vacinas incluídas no calendario, especialmente no que respecta ás enfermidades que poden danar á muller embarazada ou ao seu futuro: hepatite B, sarampelo, rubéola, parotidite varicela, difteria, tétanos e tose ferina.
 
Por isto, cando se está pensando en ter un fillo ou unha filla, a muller debería acudir ao profesional sanitario para comprobar a protección fronte á:
  • Rubéola: debería ter postas dúas doses de vacina triple vírica. Se non se está segura das vacinas recibidas, convén facerse un test de anticorpos e se este é negativo, o recomendable é vacinarse antes de quedar embarazada (ten que evitarse o embarazo no mes seguinte a recibir a última dose da vacina) e se non se pode asegurar isto, deberá vacinarse tralo parto para estar protexida nos posibles novos embarazos.
  • Varicela: debería ter postas dúas doses desta vacina ou ter antecedentes de haber padecido a enfermidade. Se non se pode asegurar unha cousa ou a outra, convén facerse un test de anticorpos e se este é negativo, o recomendable é vacinarse con dúas doses antes de quedar embarazada (ten que evitarse o embarazo no mes seguinte a recibir a última dose da vacina) e se non se pode asegurar isto, deberá vacinarse tralo parto para estar protexida nos posibles novos embarazos.
  • Hepatite B: neste caso, convén facerse unha análise un pouco máis complexa para descartar que poida existir unha hepatite crónica ou se se teñen anticorpos fronte a ela. Se a muller ten un risco elevado de exposición (exposición sexual, persoas que se inxectan drogas, contacto cun portador da infección, infección polo VIH ou polo virus da hepatite C, algunha enfermidade hepática ou un maior risco por seren un profesional sanitario) debén administrarse 3 doses de vacina. Hai que ter en conta que esta infección pode afectar ao neno causando una hepatite crónica grave no neno que acaba de nacer polo que se existe una infección da nai, o neno deberá vacinarse e ademais recibir una inmunoglobulina.
  • Tétanos e difteria: como a calquera persoa adulta, debe comprobarse se a muller está correctamente vacinada con 5 doses ao longo da súa vida. Se non é así, deberá recibir as doses que lle faltan.
vacunas-embarazadas.jpg 
 
Vacinación durante o embarazo
A administración de vacinas durante o embarazo ten que facerse con precaución e só se administran aquelas vacinas nas que o risco de provocar un dano no feto é moi baixo e a probabilidade de enfermar é alta e ademais padecer a enfermidade supón un risco engadido para a nai ou para o feto
 
As vacinas recomendadas no embarazo son:
  • Vacina antigripal: para todas as mulleres embarazadas en calquera momento do seu embarazo, durante a tempada gripal e tan pronto como se poida. A vacina protexe á nai dunha enfermidade que pode ser máis grave durante o embarazo e tamén ao fillo ou a filla durante os primeiros meses da súa vida.
  • Vacina fronte ao tétano, a difteria e a tose ferina: ten que poñerse sempre unha dose en cada embarazo, entre as semanas 27 a 36. O que se quere conseguir é protexer ao bebé contra a tose ferina nos primeiros meses da súa vida.
As vacinas contraindicadas no embarazo son a vacina triple vírica e a da varicela.
 
Non existen casos de rubéola conxénita ou varicela trala vacinación da nai embarazada, pero por precaución, non deberían recibir estas vacinas as mulleres embarazadas ou que poderían estalo nas próximas catro semanas. Nese caso, non deberían recibir estas vacinas. As mulleres que se vacinan non deberían quedar embarazadas nas catro semanas seguintes á última dose da vacina. Sen embargo, non se viron efectos adversos cando se administraron estas vacinas a mulleres embarazadas, polo que recibir unha destas vacinas durante a xestación non é unha razón para interromper o embarazo.
Recorde que estas recomendación son xerais e que se ten outros factores de risco ou vai viaxar a unha zoa de risco, o seu profesional sanitario poderá recomendarlle ademais outras vacinas.
Vacinación en mulleres que están dando o peito
A lactación non contraindica ningunha das vacinas de uso habitual.
 
Debe evitarse a administración da vacina fronte a febre amarela (utilizada soamente para viaxes a zonas de risco), a excepción das situacións nas que o risco de adquirir a enfermidade sexa moi alto e o viaxe non se poida evitar ou pospoñer.
A lactancia materna non afecta á resposta do bebé fronte as vacinas recomendadas no calendario de vacinación infantil polo que os e as lactantes deben vacinarse normalmente.​​​​​​​​​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020