A suplementación de iodo no embarazo

Tempo estimado de lectura: 3 min

O iodo é un micronutriente esencial para a saúde humana que o noso corpo é incapaz de producir por si mesmo, polo que debemos obtelo a través da alimentación. Participa na síntese de hormonas tiroideas, implicadas na regulación metabólica e son precisas para o correcto desenvolvemento e crecemento corporal, e das funcións cerebrais. O seu déficit pode causar alteracións tiroideas (hipotiroidismo ou hipertiroidismo) e condicionar o desenvolvemento cerebral do feto.

66.png 
 
 
Durante a xestación as necesidades de iodo son maiores debido a que se debe garantir a síntese das hormonas tiroideas para cubrir as necesidades maternas e fetais.

A mellor fonte dietaria de iodo constitúena o sal iodado, os peixes e mariscos, se ben a maioría dos países que conseguiron erradicar a deficiencia nutricional de iodo tiveron que recorrer á suplementación continuada da dieta con iodo mediante a utilización do sal iodado. Aínda que a metade dos embarazos son planificados, só un 10% das mulleres e parellas acoden a unha consulta preconcepcional.

Toda muller en idade fértil que está pensando en quedarse embarazada, pode solicitar en atención primaria unha consulta preconcepcional. Esta consulta, axuda a detectar aspectos que poderían afectar á evolución do embarazo, favorecendo que o persoal sanitario e a futura xestante, poidan adoptar os coidados previos que se requiran, xa que a saúde da muller durante o embarazo depende en gran medida do seu estado de saúde antes da concepción.
 
67.png 
 
O período de maior vulnerabilidade para o embrión son as 10 primeiras semanas de xestación.

É moi importante un aporte adecuado de iodo durante os meses previos á concepción mediante:
  • A inxestión diaria adecuada de alimentos ricos en iodo (a+b+c):
    • Se non hai contraindicación para o consumo de sal, utilizar sal iodado como condimento, 3-4 gr/día (cantidade equivalente a unha cucharilla casa de café).
    • 3 racións diarias de leite/derivados lácteos pasteurizados (non consumir leite cru).
    • Produtos mariños polo menos 3 veces por semana.
  • Está indicada a consulta preconcepcional. Será o persoal sanitario o que valorará a conveniencia da suplementación farmacolóxica con ioduro potásico diario, polo menos 3 meses antes da concepción.
Durante todo o embarazo e a lactación, é moi importante un aporte adecuado de iodo.
  • A inxestión diaria adecuada de alimentos ricos en iodo (a+b+c):
    • ​Se non hai contraindicación para o consumo de sal, utilizar sal iodado como condimento, 2 gr/día (cantidade equivalente a media culleriña rasa de café durante a xestación).
    • 3 racións diarias de leite/derivados lácteos pasteurizados (non consumir leite cru).
    • Produtos mariños polo menos 3 veces por semana.
  • O persoal sanitario valorará a conveniencia da suplementación farmacolóxica con ioduro potásico diario.​​​​​​​​ ​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020