O parto

Tempo estimado de lectura: 3 min
 
 
O parto é o proceso polo cal se expulsa ao feto desde o interior do útero ao exterior do organismo materno. As contraccións uterinas permiten a dilatación do colo uterino. Cando son rítmicas, progresivas en intensidade, dolorosas e xa se aprecian os cambios característicos no colo uterino, podemos considerar que o parto se ha iniciado. Na nosa especie, a duración media da xestación é de 280 días ou 40 semanas, comezando a contar desde o primeiro día da última regra.
 
pparto.jpg
 
Considérase parto “a termo”, ao que ocorre entre a 37 e 42 semanas de xestación. Os que ocorren antes da 37 semana, denomínanse “pretérmino” e dicimos que o feto é “prematuro”. Os que suceden máis tarde, despois da semana 42, noméanse “postérmino” e ao feto considéraselle “postmaduro”.
 
Para que se inicie o parto, inflúen varios factores. Entre os maternos, a produción de certas hormonas e o equilibrio entre elas. Por exemplo, a oxitocina actúa sobre o útero producindo contraccións das fibras musculares. Para seren efectivas, ditas contraccións seguen un patrón rítmico, comezando no fondo e desprazándose a o colo uterino para permitir que este se dilate, libere o tapón mucoso e comece o proceso. A acción conxunta destes factores, xunto coa suma doutros de orixe fetal e placentario, vai permitir o inicio do parto.
 
Ás veces, xorden dúbidas sobre se o parto comezou. Ao final do embarazo, é habitual sentir contraccións irregulares, e pouco dolorosas. Ditas contraccións non son efectivas para dilatar o colo do útero. Están consideradas como un “adestramento” para o futuro traballo de parto. Coñécense como contraccións de Braxton Hicks. Lembra que ante a dúbida, é mellor consultar sempre.
 
Cando acudir ao hospital:
Cando sintas contraccións rítmicas e dolorosas. Consulta tamén a dor continuada e a contracción mantida e dolorosa.
Cando hai rotura da bolsa das augas, sexa abundante ou escasa.
 
É importante que tamén consultes canto antes:
  • Se hai sangrado vaxinal.
  • Se tes unha dor de cabeza moi intenso, febre ou inchazón.
  • Se os movementos fetais cesaron.​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020