A consulta preconcepcional

 
74. Consulta preconcepcional.jpg 

A consulta preconcepcional está indicada en mulleres en idade reprodutiva, sas ou con patoloxía, así como, se é o caso, nas súas parellas. Aínda que a metade dos embarazos son planificados, só un 10% das mulleres e parellas acoden a unha consulta preconcepcional.

O consello reprodutivo durante o período preconcepcional constitúe un aspecto importante dentro da asistencia prenatal dado que a saúde da muller durante o embarazo depende en gran medida do seu estado de saúde antes da concepción. 

Nesta primeira consulta preguntaranvos acerca dos vosos hábitos e estilo de vida, os antecedentes familiares e persoais, o consumo de sustancias, de fármacos, a historia da vacinación, as patoloxías crónicas, etc. Logo farán probas para valorar o voso estado de saúde, para identificar riscos biomédicos, de conduta e sociais, tanto maternos como paternos. O obxectivo é modificar condutas e mellorar os resultados perinatais. 

Un embarazo planificado reporta beneficios de saúde tanto para a nai como para o feto. 

O consello da consulta antes do embarazo vai encamiñado a acadar: 

  • Un patrón alimentario saudable e unha nutrición óptima.
  • Unha práctica regular de actividade física.
  • Unha avaliación axeitada dos posibles riscos laborais.
  • O abandono do consumo de sustancias adictivas (tabaco, alcohol...), por medio de programas de deshabituación.
  • A Información dos posibles riscos da exposición a teratóxenos*.
  • A Información dos posibles riscos da automedicación. Recordade que non só as sustancias adictivas interfiren co desenvolvemento embrionario e poden causar defectos de nacemento, se non tamén algúns medicamentos sin receita, algúns suplementos ou sustancias en principio inocuas como por exemplo algúns produtos de naturopatía e herboristería.
  • Unha mellor comprensión das medidas hixiénico dietéticas para previr a toxoplasmose.
  • A conveniencia da asistencia prenatal precoz, o calendario de consultas, etc.
  • Un mellor control das enfermidades crónicas e dos efectos da xestación sobre ditas patoloxías. 
* Importante! 
 

O período de maior vulnerabilidade para o embrión son as 10 primeiras semanas de xestación. Os órganos formanse entre a cuarta e a novena semana. Polo tanto, non resulta sorprendente que neste momento o embrión sexa máis vulnerable aos “teratóxenos”, que son elementos capaces de producir malformacións durante o desenvolvemento prenatal. Poden ser axentes físicos, como os raios X; químicos, como a talidomida e outros medicamentos (con o sin receita), virásicos, como a rubéola, etc.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020