Seguridade alimentaria no embarazo

16 de Decembro de 2020
Tempo estimado de lectura: 3 min 30 sg
 
 
Hai enfermidades infecciosas que, se lle afectan á muller durante o embarazo, poden ser graves para o feto, polo que convén evitar o seu contaxio:
  • Se non estás vacinada nin padeciches a rubéola, evita o contacto con persoas enfermas desta infección e vacínate despois do embarazo.
  • Se non estás vacinada nin padeciches a varicela, evita o contacto con persoas que a estean padecendo e se tes contacto debes consultalo co teu médico.
  • A toxoplasmose é unha enfermidade infecciosa producida polo Toxoplasma gondii que tamén afecta o feto se a muller se contaxia durante o embarazo.
Comida embarazo.jpg
 
 Para protexerte, ten en conta estas recomendacións durante o embarazo:
  • Lava as mans con auga e xabón, antes e despois de manipular alimentos crus e coce suficientemente os alimentos, sobre todo a carne, o polo, os ovos e o pescado.
  • Non tomes carne crúa ou pouco cociñada (incluído o friame e o embutido) ou ben conxélala durante máis de 24 horas a -20ºC.
  • Lava as mans e lava as superficies e os utensilios de cociña despois de manipular carne crúa, verdura ou froita.
  • Non inxiras:
    • Verduras, hortalizas, herbas aromáticas nin vexetais crus que non foran lavados previamente. Evita o seu consumo fóra da túa casa se a hixiene non parece fiable.
    • O peixe ou o marisco cru ou pouco cociñado, afumado ou adobado en cru tal como sushi, ceviche ou carpaccio.
    • Os ovos crus ou preparacións feitas con ovos crus (maionesa, merengue...).
  • Consume sempre auga da billa ou embotellada. Non tomes auga doutras procedencias sen garantía para o consumo.
  • Toma leite pasteurizada e queixo elaborado con leite pasteurizado.
  • No seu caso, procura facer as tarefas de limpeza dos excrementos dos gatos con luvas. Aínda así, a maioría dos nosos gatos son mascotas domésticas que nin sequera tiveron contacto co Toxoplasma. Se recolleches algún da rúa, mantén todas as precaucións.
lavado manos.jpgagua.jpg
 
Recomendacións para o consumo de peixe para mulleres embarazadas, que planifican estalo ou en período de lactación, así como para nenos e nenas de 0-10 anos
  • Evitar o consumo de peixe con alto contido en mercurio.
    • Peixe espada/Emperador, Atún vermello, Quenlla (cazón, marraxo, melgacho, patarroxa) e Lucio.
  • Consumir entre 3 e 4 racións de peixe á semana de especies con contido medio ou baixo en mercurio, variando especies brancas e azuis.
    • Contido baixo:
      • Abadexo, Bocarte, Bacallau, Carioca, “Fogonero”, Dourada, Linguado, Palometa, Pescada, Robaliza, Sardiña, Solla, Salmón, Troita, Xarda, Xurelo.
      • Ameixa, Berberecho, Longueirón, Mexillón, Camarón, Cigala.
      • Choco, Choupa, Gamba, Lagostino, Lura, Luriña, Polbo, Xiba. . As demais especies de produtos da pesca non mencionadas entenderanse cun contido medio en mercurio.​​
salmon.jpgpulpo.jpgMejilloness.jpg
 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020