A enerxía no embarazo

Tempo estimado de lectura: 3 min

O embarazo pode constituír unha situación de risco nutricional dadas as elevadas demandas para acadar un óptimo desenvolvemento do bebé así como un axeitado estado de saúde da nai. Nesta etapa, os requirimentos enerxéticos, expresados en Kcal (“Calorías”) aumentan moderadamente para permitir o crecemento uterino, placentario e fetal así como para afrontar o aumento do traballo cardíaco materno.
  • No primeiro trimestre non é necesario aumentar o aporte enerxético (ou moi pouco, non máis de 70 kcal/día) pero nos dous últimos trimestres do embarazo o aporte calórico deberá incrementarse.
  • Con respecto ás recomendacións basais é adecuado unha achega de +260 kcal/día no segundo trimestre, e de +500 kcal/día no terceiro trimestre. Recordade que debedes seguir sempre as recomendacións do voso equipo de obstetricia xa que estes valores son estimativos, están formulados para persoas con normopeso como norma xeral e nunca deben adoptarse como consello individualizado!
energia embarazo.jpg 
 
Primeiro trimestre do embarazo
  • Recomendación de aumento na achega de enerxía (kcal)/día: 0+/-70
  • Exemplo de alimentos para acadar dita cantidade (aumento no día): Unha mazá pequena
Segundo trimestre do embarazo
  • Recomendación de aumento na achega de enerxía (kcal)/día: +260
  • Exemplo de alimentos para acadar dita cantidade (aumento no día): Un iogur + medio melocotón + 25 gr de arroz e + 50 gr filete polo
Terceiro trimestre do embarazo
  • Recomendación de aumento na achega de enerxía (kcal)/día: +500
  • Exemplo de alimentos para acadar dita cantidade (aumento no día): 3 noces + 1 pataca pequena + 50 gr carne de tenreira magra + 1 cenoria grande + 25 gr lentellas + 1 cullerada de aceite oliva
Noutros casos, é necesario axustar o aporte calórico ao inicio do embarazo xa que o IMC pode indicar certo disbalance por exceso ou por defecto (IMC ≥25 Kg/m2 ou ≤18,5 Kg/m2). En calquera caso, debemos recordar a necesidade de manter o peso dentro dun rango saudable. Nos controis habituais do embarazo explicaranvos como facelo.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020