Consumo de bebidas alcohólicas no embarazo

Tempo estimado de lectura: 3 min


O alcohol é unha substancia tóxica que mediante o sangue da nai pasa ao bebé a través do cordón umbilical. Tomar bebidas alcohólicas durante o embarazo pode causar aborto espontáneo, morte fetal e unha variedade de discapacidades físicas, intelectuais e do comportamento do bebé para toda a vida.

76. Consumo de alcohol no embarazo.png 
 
 
Consecuencias para o feto
De todas as substancias psicoactivas, o alcohol é das máis perigosas para o desenvolvemento do feto, xa que o seu consumo pode producir trastornos do espectro alcohólico fetal (TEAF).
Unha persoa con un TEAF pode manifestar:
  • Alteracións cerebrais, cardíacas (defectos do peche do tabique), renais, do tubo dixestivo, extremidades, etc.
  • Deformidades faciais (cabeza pequena, maxilar superior pequeno, ollos pequenos…), atraso do desenvolvemento e problemas neurolóxicos ao que se chama Síndrome Alcohólica Fetal.
  • Baixo peso ao nacer. Atraso psicomotor.
  • Deficiencias intelectuais.
  • Trastorno por déficit de atención e hiperactividade.
  • Problemas de memoria.
  • Problemas da linguaxe, da coordinación.
  • Problemas de adaptación social.

Para estas afeccións non existe cura, pero o tratamento pode axudar

Prevención
Os TEAF son totalmente previbles se a muller non consume bebidas alcohólicas durante o embarazo.

Non hai unha cantidade segura de inxesta de bebidas alcohólicas que a nai poda tomar durante o embarazo sen correr risco, polo que se recomenda o consumo cero. Todas as bebidas que conteñen alcohol poden afectar ao bebé durante a xestación, independentemente da súa gradación.

Non hai ningún momento durante o embarazo no que se poda beber sen correr riscos. O alcohol pode afectar ao bebé en calquera etapa do embarazo. Un dato moi importante é que o consumo de alcohol pode causar problemas nas primeiras semanas do embarazo, antes de que a muller saiba que está embarazada.

Se unha muller bebe alcohol durante o embarazo, nunca é moi tarde para que deixe de facelo. Debido a que o cerebro do bebé estase a desenvolver durante todo o embarazo, canto antes deixe de beber alcohol máis seguro será para ela e para o seu bebé.

Si estás embarazada ou tratando de quedar embarazada e non podes deixar de consumir bebidas alcohólicas, busca axuda! Acode ao teu profesional sanitario de atención primaria.​​​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020