O uso de pantallas na infancia

Tempo estimado de lectura: 7 min
 
 
Estamos a vivir nunha época da humanidade caracterizada por un elevadísimo uso tecnolóxico e de pantallas na nosa vida cotiá. É a primeira vez que a nosa cultura se enfronta a algo así, hai tan só 50 anos ninguén pensaría en estar reflexionando sobre as repercusións negativas derivadas do exceso e do mal uso dixital para o desenvolvemento integral da infancia, para o noso propio benestar e o do planeta.
 
Cando falamos do uso de pantallas, referímonos á visualización activa ou pasiva de calquera dispositivo dixitalizado, como televisións, computadores, portátiles, móbiles, tabletas ou videoxogos. As persoas adultas somos responsables da xestión do uso e do consumo dixital dos nenos e das nenas. Ante este gran reto social do século XXI compártense os seguintes achados.
 
15.jpg 
 
Con relación ás repercusións negativas na infancia do uso de pantallas, comprobouse que o exceso de tempo fronte a estas se asocia a:
  • Obesidade infantil.
  • Horarios inadecuados e trastornos do sono.
  • Desenvolvemento tardío da linguaxe.
  • Baixo rendemento escolar e déficit de atención.
  • Dificultades para desenvolver habilidades relacionais e referidas á conduta.
  • Promoción de condutas violentas, falta de sensibilización ecosocial e carencia de empatía coas persoas vítimas (derivado da exposición á cultura dos malos tratos nos medios).
  • Redución de pensamento simbólico en idades temperás (habilidade necesaria para trasladar o aprendido na pantalla ao mundo real, sendo a interacción o máis importante para lograr unha aprendizaxe efectiva).
  • Diminución do pensamento creativo e da capacidade para transformar os conflitos (debido á ausencia da experimentación real e á exposición de certos contidos dixitais predeterminados de respostas).
  • A luz e o campo electromagnético que emiten os dispositivos afecta a calidade do descanso e o benestar integral no desenvolvemento.
 
Con relación ás recomendacións na infancia sobre o uso de pantallas, segundo recentes estudos de a Academia Americana de Pediatría e a Academia Arxentina de Pediatría, exponse o seguinte:
  • A máxima exposición en tempo de uso de pantallas por idades será:
    • De 0 – 2 anos: nada de pantallas.
    • De 2 – 5 anos: 30 minutos ao día.
    • De 7 – 12 anos: 60 minutos ao día cunha persoa adulta diante.
    • De 12 – 15 anos: 90 minutos ao día con control parental en redes sociais.
    • De 16 anos en diante: 120 minutos ao día.
  • As pantallas non poden interferir na vida dos nenos ed as nenas, no seu tempo en familia, de movemento, de xogo ou de descanso e é moi importante crear rutinas e pautas concretas, estables e verbalizadas durante toda a infancia. Algunhas delas poden ser: Non utilizar pantallas durante as horas de comidas.
    • Non utilizar pantallas nos dormitorios.
    • Non utilizar pantallas dúas horas antes de durmir.
    • Non utilizar pantallas no tempo para a aprendizaxe mediante o xogo ou a arte.
    • Non utilizar pantallas mentres se realizan tarefas escolares.
    • Non utilizar pantallas nos centros educativos.
    • Non utilizar pantallas nos vehículos ou nas cadeiras de paseo.
    • Apagar todas as pantallas cando non se estean utilizando.
    • Establecer con claridade as horas máximas de uso de pantallas, supervisalo e mantelo.
    • Promover tempo de calidade en familia libre de uso de pantallas no que ningún membro da familia poida usar dispositivos dixitais.
  • A xestión que fagamos con relación aos primeiros anos de vida axudará a que entendan unhas normas básicas e achéguenselles ferramentas para o seu desenvolvemento integral. Algunhas estratexias educativas que podemos emprender para un mellor uso de pantallas neste desenvolvemento poden ser:
    • Previsualizar os contidos de programas, xogos e aplicacións antes de permitir que a persoa menor de idade o consuma.
    • Utiliza controis parentais para bloquear ou filtrar o contido de acceso a Internet.
    • Evitar o uso de pantallas como estratexia habitual para acougar o neno (exemplo: poñerlle o neno ou nena unha serie no móbil para que se tranquilice).
Visualizar o contido conxuntamente promovendo a interacción e o diálogo, co fin de lle axudar ao neno ou á nena a comprender e educar sobre o contido.
  • Falar cos nenos e coas nenas sobre a importancia do bo uso de medios de comunicación, así como das consecuencias do acoso cibernético e que facer cando se é vítima ou se recoñece noutras persoas da nosa contorna.
  • Establecer un lugar onde deixar os dispositivos cando non se están utilizando, xa que cando se están cargando ou en repouso no cuarto poden afectar a calidade do sono e do descanso.
16.jpg​ 
 
Con relación ás alternativas na infancia do uso de pantallas:
  • Os nenos e as nenas necesitan a actividade física no seu día a día: recoméndase un mínimo 180 minutos nas idades comprendidas entre 1 e 5 anos e 60 minutos entre 5 a 17 anos.
  • Apostar por gozar o maior tempo posible en espazos naturais e ao aire libre. Esta contorna é a máis apropiada para o desenvolvemento dunha saúde plena e integral para os nenos e as nenas e para as persoas adultas.
  • Fomentar o tempo de xogo libre ou desestruturado con todos os dispositivos desconectados.
  • Ser unha auténtica persoa influencer da túa filla ou fillo ou de calquera persoa menor de idade. Empeza por desconectar os teus dispositivos, conectarte contigo e, despois, poderás conectarte con eles e elas. Sé o mellor exemplo, facendo o que che gustaría que fixesen, movéndote, xogando e gozando de contornas cargadas de vida.
Na educación todo empeza por ti, a mellor pantalla para unha nena ou un neno é sentirte presente. Consigamos acender as pantallas do amor, do aprecio, das cancións, dos contos e da beleza dunha flor. Cres que vale a alegría? ​

17.jpg 
 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020