Todos á mesa: Recomendacións e planificación de menús saudables

17 de Febreiro de 2021
Tempo estimado de lectura: 3 min 30 sg

 

O feito alimentario integra outros aspectos ademais do nutricional. A capacidade de socialización, de evocación ou de aprendizaxe forman parte importante do proceso. As experiencias positivas favorecen a adquisición natural de alimentos e establecen as bases duns hábitos saudables ao longo da vida. Por isto, non é aconsellable ser demasiado restritivo nin manifestar unha preocupación excesiva pola comida

mesaguisantes.jpg
 

Na mesa, recordade que:

  • O televisor ou calquera outro tipo de pantallas non están convidados!
  • Buscade momentos agradables e fomentade a conversa!
  • Non é recomendable instar ós pequenos a acabar pronto a comida, expresando présa ou urxencia para recoller a mesa.
  • Intentade ser flexibles! Aos poucos, aqueles alimentos que rexeitaban, acabaranos introducindo na súa dieta.
  • Os alimentos nunca deber ser utilizados como premio ou castigo.
  • Comezade a previr desordes alimentarias e certas obsesións coa imaxe corporal.
  • Incluíde hábitos básicos de hixiene.
Guisantescomiendo.jpg

 

Mantede un adecuado horario de comidas

O establecemento dun adecuado patrón na distribución das comidas ao longo do día, favorece a adquisición dun hábito saudable e axuda ao correcto proceso da dixestión. Aconséllanse 5 comidas ao día, 3 principais (almorzo, xantar e cea) e 2 merendas lixeiras a media mañá e a media tarde. Esta pauta non é estrita e pode adaptarse en función das preferencias ou características individuais. Con todo, si é importante manter a norma de establecer un horario e evitar o salto dalgunhas comidas ou de petiscar entre horas.
xantar.jpg
 
Recordade distribuír a achega calórica de forma axeitada ao longo do día.
 
En principio, aconséllase repartir o valor calórico total (VCT) do seguinte xeito: o 25% no almorzo, o 35% no xantar (cun rango aceptado entre 30-40%), o 20% na cea e o 10-15% para cada unha das dúas merendas.
25porcientogalego.jpg
 
 
Cómo planificar un menú
 
guisanteplanificandomenu.jpg
 
Fixádevos no menú seguinte: imos contar racións seguindo as indicacións que vos amosamos a continuación para un día.
recordade os numeros.jpg

 
exemplomodeloa.jpg
Fijadevos neste outro
 exemplomodelob.jpg
 

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020