Ideas para merendas e festas saudables

Tempo estimado de lectura: 4 min

 

Merendas saudables

Con frecuencia, nas merendas e ceas atopamos un exceso de embutidos, friames, cremas chocolateadas, produtos de aperitivos e outras combinacións de alimentos pouco adecuadas se temos en conta a frecuencia de consumo destes.

 

guisantesfelices.jpg

 

Os seguintes exemplos poden servir para engadir opcións máis saudables e variadas:
 
No lugar de bocadillos con exceso de derivados cárnicos, probade con bocadillos ou tostas de:
  • ​Carnes e aves frescas:
    • Filete de peituga de pavo fresca salteada con cogomelos.
    • Tosta gratinada ao forno con tiras de peituga de polo, bechamel e queixo.
    • Friame caseiro con carne de tenreira ou porco picada.
    • Mini “pizzas” de pan con base de tomate fresco, queixo, carne picada de polo aderezada con alfábega.
  • Peixe fresco:
    • Tiras de xarda fresca (sen espiñas) preparadas en escabeche con herba dos cóengos e brotes tenros de espinacas.
    • Gambas cocidas e picadiñas con leituga, olivas negras e crema de cenoira con aceite de oliva.
    • Polbo con aceite e pemento doce ou picante.
  • Peixe en conserva:
    • Xoubas en conserva, tomate e aros de cebola.
    • Atún con pementos morróns e aceite.
    • Mexillóns en escabeche e tiras de leituga con eiruga.
  • Ovos:
    • Tortilla de patacas, de cabaciña...
    • Tosta de ovo cocido, leituga, tomate e espárragos.
 
No lugar de bocadillos con exceso de cremas doces para untar, probade con bocadillos ou tostas de:
  • Cremas de vexetais frescos:
    • Crema de aguacate ou guacamole.
    • Rebanda de pan, tomate raiado e aceite.
    • “Hummus” de legumes (garavanzos, fabas...)
  • Cremas con froitas frescas e froitos secos:
    • Rebanda de pan con queixo fresco e compota de mazá.
    • Tosta con “compota” de figos, noces picadas e queixo de cabra gratinado.
    • Rebanada de pan con queixo fresco e xelatina de froitas naturais.
    • Crema de cacahuetes caseira.
    • “Bocadillos” de uvas e dátiles con taquiños pequenos de queixo curado.
  • Peixe:
    • Crema de peixe, olivas e cogombro en conserva.
    • Paté caseiro de atún e tomate.
 
En lugar de ofrecer un exceso de produtos de pastelería e produtos de merenda, zumes comerciais... probade con:
  • Zume natural + iogur ou leite caiado.
  • Batidos de froita con leite + tosta de pan:
    • Amorodos, iogur e leite.
    • Amorodos con zume de laranxa.
    • Plátano, laranxa, mazá...
  • Macedonia de froitas frescas.
  • Un anaquiño de repostería caseira (baixa en azucres, saborizada con vainilla e limón).
  • Rebanda de pan con aceite e pemento + iogur.

 

hummus.jpg
 
guisante.jpg
 
 

 

Festas saudables

Podemos preparar receitas moi ricas para a nosa festa do aniversario. Canto máis sinxelas, mellor: pan con queixo, tortilla de pataca, tostas de guacamole, ovos recheos, croquetas caseiras de polo, pequenas albóndigas con tomate natural…mmmm!. Ademais, axudamos e ensinamos os nosos dotes culinarios. Benvidos ao club da cociña saudable!!!!

 

guisantesfelices.jpg
 

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020