Que ricos os pratos de peixe e de verdura!

17 de Febreiro de 2021
Tempo estimado de lectura: 3 min 30 sg
 

 

 

Intentade mellorar a aceptación dos pratos de verdura

 
pescaditos.jpg
 

 

Entre as causas de rexeitamento están o sabor, o cheiro e as espiñas. Seguide estes consellos para mellorar a súa aceptación:
  • Asociádeo a receitas moi populares entre os máis pequenos:
    • Pizza con anaquiños de peixe branco.
    • Croquetas de peixe triturado e esmiuzado. Por exemplo, bacallao ou pescada con allo e perexil.
    • Empanadillas de peixe ou de atún.
  • Ofrecédelles peixe en preparacións sen espiñas:
    • Hamburguesa de peixe sen espiñas saborizada con herbas aromáticas e especias.
    • Salpicón de peixe con olivas, ovo cocido, pementos verdes e vermellos...
    • Toros de peixe branco rebozado en fariña e ovo sen espiñas, cun toque de allo e perexil.
    • Sopa de peixe con saborizantes naturais como o allo porro ou o apio.
  • Asociade o consumo de peixe a momentos agradables:
    • Bocadillo con atún en conserva para as excursións.
    • Barquiñas de mexillóns ben decoradas para días de festa etc.
 
Intentade mellorar a aceptación dos pratos de verdura
 
 
verduritas.jpg
 
 
 
Continuade coas mesmas verduras que se inclúen nos purés do primeiro ano (o seu sabor xa foi aceptado) pero cambiando aos poucos a súa presentación.
 
Incluídeas sempre, tanto na comida como na cea. Serán percibidos polos rapaces como “alimentos familiares e habituais” e pouco a pouco conséguese a súa aceptación definitiva.
 
Asocialas a momentos agradables e festivos. Con frecuencia, en celebracións infantís ofrécense alimentos como embutidos e derivados cárnicos, cremas chocolateadas e bebidas azucradas. En paralelo, resérvanse para o diario outros alimentos que “hai que comer”. Con este modelo facilítase a asociación de certos produtos alimenticios non adecuados para a idade infantil a situacións pracenteiras.
 
Por exemplo, podedes:
  • Introducir canto antes pratos de culler que inclúan hortalizas e legumes, arroz...
  • Incluídeas en receitas ben aceptadas: arroz con verduras, canelóns, salsa de tomate natural.
  • Ofrecer sopas e caldos con verduras picadas en xuliana con pasta.
  • Preparar as xudías verdes e as cenorias ao vapor, en dadiños aliñados con aceite de oliva.
  • Elaborar pequenos pasteis de verduras

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020