Consellos para practicar actividade física no verán

12 de Xullo de 2022
Tempo estimado de lectura: 4 min

Coa chegada do verán, o sol e as boas temperaturas anímannos a practicar actividade física ao aire libre. Queremos que realices actividade física de forma regular para vivir mellor e con mellor calidade de vida, por iso, a continuación dámosche unha serie de consellos para gozar da túa actividade física estival.
 
43.jpg 
Xa estamos no verán. Unha estación ideal para practicar actividade física. Lembra que...
  • O corpo humano está deseñado para moverse e necesita practicar actividade física de forma regular para alcanzar un adecuado desenvolvemento físico e cognitivo durante a etapa infanto-xuvenil e así gozar dun envellecemento saudable.
  • A actividade física permítenos manter un peso corporal saudable reducindo a graxa corporal.
  • Un estilo de vida, fisicamente activo, mellora a función cognitiva e asóciase cun menor risco de deterioración cognitiva e de demencia.
...en definitiva, a actividade física non só axuda a vivir máis, senón a vivir mellor e con mellor calidade de vida.

45.jpg 
 
Aproveita o bo tempo para realizar as actividades físicas que máis che gusten:
  • Practica as túas actividades físico-deportivas favoritas.
  • Pasea pola praia, pola contorna, etc.
  • Xoga ás pas, etc.
  • Aproveita as oportunidades lúdicas da auga.
  • E sobre todo, reduce as actividades sedentarias, como estar tombado ou sentado.
Non te esquezas de tomar as precaucións pertinentes para gozar da túa actividade física estival:
  • Elixe o momento do día e o lugar adecuado para realizar actividade física no verán.
    • A combinación de actividade física e altas temperaturas aumenta o risco de sufrir un golpe de calor.
    • Evita realizar actividade física nas horas centrais e máis calorosas do día (entre as 12h e as 17h).
    • Elixe as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde. Se non é posible, decántate por actividades á sombra ou no medio acuático.
  • A hidratación é fundamental.
    • A combinación de altas temperaturas e actividade física provoca un aumento da sudación, perdendo auga e electrólitos, aumentando o risco de lesións musculares.
    • Inxire auga, zumes naturais, infusións, antes durante e despois da actividade física. Evita bebidas e refrescos comerciais que conteñan outros ingredientes como azucres simples ou electrólitos en cantidades excesivas.
  • Coidado co sol, evítao ou protéxete.
    • Se realizas a túa actividade cando o sol incide directamente no teu corpo aplica crema solar.
    • Atento ás zonas máis expostas ao sol: zona cervical, brazos, pernas, orellas, mans.
    • Protexe os ollos con lentes e gorra adecuadas.
  • Utiliza roupa e calzado adecuados.
    • Elixe roupa preferentemente técnica, cómoda, lixeira, que transpire e con cores claras.
    • O calzado debe ser apropiado, cómodo, lixeiro e que transpire.
  • Atención ás comidas.
    • Non realices actividade física de intensidade moderada-alta inmediatamente despois de comer. Si que estaría indicado pasear.
    • Asegúrate de que a dixestión finalizou (entre 2-4 horas).
    • Evita as comidas copiosas antes de realizar actividade física.
    • Elixe alimentos de fácil dixestión.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020