Tempo estimado de lectura: 5 minutos
Que son as bebidas enerxéticas?
Hai que distinguir entre bebidas con alto contido en cafeína e bebidas enerxéticas
Bebidas con alto contido en cafeína: son aquelas que achegan máis de 15 miligramos desta substancia por 100 mililitros de bebida. Na etiquetaxe desas bebidas hai que informar do contido de cafeína e exprésase en miligramos por 100 mililitros (mg/100 ml).
Bebidas enerxéticas: son aquelas que, de media, conteñen 32 mg ou máis de cafeína/100 ml. Ademais de cafeína, as bebidas enerxéticas adoitan conter outros ingredientes como taurina, L-carnitina, glucuronolactona, guaraná, ginseng e vitaminas do grupo B, entre outros. Tamén poden achegar ata 11 g por 100 ml de azucre.
Volume lata 250 ml
- Contenido cafeína total por lata: 80 mg
- Equivalencia: 1 café expreso
Volumen lata 330 ml
- Contenido cafeína total por lata: 105.6 mg
- Equivalencia: 1.32 café expreso
Volumen lata 500 ml
- Contenido cafeína total por lata:160 mg
- Equivalencia: 2 cafés expreso

Algúns datos
O consumo de bebidas enerxéticas experimentou un aumento substancial durante as últimas décadas, alcanzando en España o 2 % do total de bebidas refrescantes.
Por outra banda, según a Enquisa sobre uso de drogas en Ensinos Secundarios en España (ESTUDES) 2021, más de 4 de cada 10 estudantes tomaron bebidas deste tipo nos últimos 30 días, sendo a prevalencia maior nos mozos (50,7%) que nas mozas (39,0%).
Consecuencias para a saúde
Un consumo excesivo de cafeína en adultos pode provocar efectos fisiolóxicos non desexados que van desde a alteración do soño, tanto no tempo necesario para concilialo como na súa duración, ata efectos psicolóxicos (nerviosismo, irritabilidade e ansiedade, ou mesmo ataques de pánico ou manifestacións psicóticas, en particular alucinacións), así como trastornos cardiovasculares.
O consumo de máis de 60 miligramos de cafeína en adolescentes de 11 a 17 anos (uns 200 mililitros de bebida enerxética con 32 mg de cafeína/100ml) pode provocar alteracións do soño.
A partir de 160 miligramos de cafeína (500 mililitros dunha bebida enerxética con 32 mg de cafeína/100ml), pode provocar efectos psicolóxicos (nerviosismo, irritabilidade e ansiedade) e trastornos cardiovasculares. Estes efectos sumaríanse aos doutros alimentos que conteñan cafeína: café, té, chocolate, guaraná, etcétera. Non se recomenda o seu consumo polos adolescentes.
Un consumo regular de cafeína pode causar síntomas moderados de abstinencia a partir de 100 mg/día e tolerancia a esta substancia, creando a necesidade de consumir unha dose maior que a inicial para conseguir un efecto similar ao orixinal.
As bebidas enerxéticas con azucres poden contribuír a exceder a inxesta diaria recomendada de azucres simples (50 g ao día segundo a recomendación da OMS) xa que unha lata de 250 ml achega entre 27,5 e 30 g e o envase de 500 ml entre 55 e 60 g.
Recomendacións para as familias en relación ao consumo de bebidas enerxéticas:
Evita o seu consumo en caso de:
Nenos e nenas, adolescentes, mulleres embarazadas e mulleres en período de lactación.
Persoas con hipertensión ou problemas cardiovasculares.
Persoas que padecen alteracións do soño.
Non as combines con bebidas alcohólicas.
Non as tomes para rehidratarte tras realizar deporte.
Se as consumes, faino ocasionalmete e elixindo os formatos de menor tamaño, e consulta coa túa médica ou médico se tomas algunha medicación de maneira habitual.
Fonte: Axencia Española Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN)
Observatorio Español de las Drogas y las Adicciones. Informe 2022. Alcohol, tabaco y drogas ilegales en España.
Informe del Comité Científico de la Agencia Española de Seguridad